Río Ixim
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Ixim | |
---|---|
O Ixim en Astaná, xelado |
|
Nacemento: | Estepa casaca |
Altitude da fonte: | ? ? |
Lonxitude: | 2.450 km |
Caudal medio: | {{{caudal medio}}} |
Conca: | 177.000 km2 |
País: | Casaquistán, Rusia |
Desemboca: | Río Irtich (conca do Obi) |
O río Ixim ou Esil (en ruso Ишим) é un afluente do Irtich pola súa beira esquerda. No seu curso de 2.450 km atravesa Casaquistán e o sur de Siberia occidental, xa en Rusia.
Índice |
[editar] Percorrido
O Ixim ten a súa fonte en Casaquistán, na estepa entre Astaná e Karaganda. Daquela denomínase Esil (o seu nome casaco), e pasa pola capital casaca, Astaná, e máis polas cidades de Atbasar e de Esil, primeiro, e logo por Petropavlosk, antes de atravesar a fronteira e entrar na Federación Rusa. Recibe entón o nome de Ixim, e pasa pola cidade homónima, para máis tarde desaugar no Irtich, case na altura da cidade de Ust-Ixim, converténdose nun subafluente do río Obi.
[editar] Afluentes
Entre os seus afluentes destaca o Tersakam, pola esquerda, con 334 km de lonxitude.
[editar] Caudal
As súas augas proceden sobretodo da fusión de neves. As augas do río conxélanse a comezos de novembro, e fican nese estado até o mes de abril ou maio, segundo o ano. En maio e xuño ten lugar o medramento das augas. O seu caudal é, pois, moi variábel, oscilando entre os 56 m³/s e os 686 m³/s.
[editar] Navegabilidade
En parte o río é navegabel.