Puertollano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Importante cidade industrial situada na provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha.
Conta cunha mina de carbón e unha refinería de petróleo. A súa produción eléctrica vai dende as dúas centrais térmicas de carbón (Viesgo-Enel e Elcogas), ata as últimas instalacións de paneis solares. Esta infraestrutura enerxética converte a Puertollano na cidade industrial por excelencia da comunidade autónoma.