Prusias I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Prusias I, rei de Bitinia reinou do 228 adC ao 182 adC. Sucedeu ao seu pai, Cielas. É coñecido sobre todo por acoller a Aníbal na súa fuxida dos romanos. Foi sucedido polo seu fillo Prusias II.
A súa política caracterizouse pola súa alianza cos macedonios e inimizade cara Pérgamo.
Loitou con Filipo V de Macedonia contra Atalo I e trala súa vitoria e destrución das cidades de Cío e Mirlea, foronlle entregas por Filipo no 202 adC, data na que pasaron a formar parte do reino de Bitinia, segundo refire Estrabón e confirma unha pasaxe de Hermipo de Bérito. Non así Estaban de Bizancio, que di que Mirlea foi fundada polo rei bitinio Nicomedes II(128 adc - 128/127 adC), que lle puso o nome Apamea pola súa mai.
Corsten sinala que a destrución do 202 adC non foi total e que a cidade se mantivo, mais non obtivos dereitos de cidadanía e un sucesivo troco de nome até Nicomedes.
Trala batalla de Cinoscéfalos no 197 adC, Filipo tivo que abandonar as cidades gregas.
Quincio Flaminino informou ao rei Prusias de que os romanos estaban de acordo en que a cidade de Cío ficara incluída no reino de Bitinia.
Prusias abandonou a Frixia en virtude dun acordo cos atálidas
No 195 adC, Aníbal chegou, fuxindo de Cartago, á corte de Antíoco III, pero á raíz da vitoria romana na batalla de Magnesia xunto ao río Sípilo no 189 adC, Antíoco, que debía entregarllo aos romanos como parte das condicións da paz de Sardes, déixao fuxir, e Aníbal foi a refuxiarse ao reino bitinio.
Tras esta vitoria romana o senado romano obrigou a Prusias a entregar a Frixia helespóntica ao rei de Eumes II de Pérgamo.
Este evento provocou unha guerra entre Bitinia e Pérgamo (186 adC - 183 adC), que rematou coa retirada de Aníbal, comandante da flota bitinia, a pesar da súa gran campaña, e coa entre acordade de Frixia Helespóntica por Prusias aos atálidas.