Prudente de Morais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Período de goberno: | 15 de novembro de 1894-15 de novembro de 1898 |
---|---|
Predecesor: | Floriano Peixoto |
Sucesor: | Campos Sales |
Nado en: | 4 de outubro de 1841 |
Lugar: | Itu, estado de Sao Paulo |
Faleceu en: | 3 de decembro de 1902 |
Lugar: | Piracicaba, estado de Sao Paulo |
Profesión: | Avogado |
Partido Politico | Partido Republicano Paulista |
Prudente José de Morais e Barros, avogado, nado no estado de Sao Paulo en 4 de outubro de 1841 e falecido en 3 de decembro de 1902, foi o primeiro presidente civil do Brasil, de 15 de novembro de 1894 ata 15 de novembro de 1898. O seu goberno foi marcado polo fin da Revolución Federalista no Rio Grande do Sul e pola Guerra de Canudos no sertao da Bahia.
O seu goberno marcou tamén o inicio no Brasil da chamada política do café con leite, que durou de 1894 até 1930 e caracterizouse polo predominio de presidentes orixinarios do estado de Sao Paulo (entón grande produtor de café) e de Minas Xerais (entón grande produtor de gando leiteiro). Estas dúas actividades (cultivo do café e gandería de leite) e estes dous estados eran os máis importantes na economia brasileira da época.
Predecesor:: Floriano Peixoto |
Presidente de Brasil entre: 1894-1894 |
Sucesor: Campos Sales |