Potencial de membrana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O potencial de membrana é a voltaxe da diferenza de potencial eléctrico a un lado e ó outro da membrana plasmática dunha célula. A membrana das células está polarizada, debido a que hai un reparto desigual de cargas eléctricas entre o interior e o exterior da célula. Isto crea unha diferenza de potencial, sendo o exterior positivo respecto ó interior.
[editar] Fundamento
O nivel do potencial de difusión a través dunha membrana que se opón exactamente á difusión neta dun ión particular a través da membrana denomínase potencial de Nernst.
O potencial de membrana non é o mesmo en todas as células (depende da orixe das mesmas), existen células que teñen -50mV e outras como o músculo que oscilan entre -50 e60mV.
No exterior, no líquido intersticial, o anión máis abundante é o de cloro. No citoplasma, os anións máis abundantes son as proteínas, que no pH celular ionízanse negativamente. O catión máis abundante no líquido intersticial é o de sodio, e no citoplasma o de potasio.
O desequilibrio iónico que produce a polarización da membrana é debido á distinta permeabilidade que presenta fronte a cada un dos ións. O ión de potasio atravesa a membrana libremente. A permeabilidade para o sodio é menor, e ademais é expulsado por medio dun transporte activo chamado bomba de sodio - potasio. As proteínas, debido ao seu tamaño, non poden atravesar libremente a membrana. Toda esta dinámica establece unha diferenza de potencial en condicións de repouso, duns -90mV.
[editar] Implicacións
A existencia deste potencial de membrana é imprescindible para aorixe e transmisión do impulso nervioso.