Polycommander
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Polycommander foi un petroleiro de bandeira norueguesa contruído en 1965 que o 5 de maio de 1970 encallou nuns baixos próximos á illa de Monteagudo, nas Cíes, debido a un erro do capitán cando abandoaba a ría de Vigo, provocando a maior catástrofe ecolóxica desta ría.
Os arrecifes rasgaron o Polycommander polo seu costado de babor, provocando un incendio e vertendo 15.000 toneladas de cru, da variedade Light Arabian. Morrerían 23 dos seus 39 tripulantes.
[editar] Características do barco
O Polycomander foi construído nos asteleiros suecos de Eriksbergs, en Göteborg, no ano 1965. A súa eslora era de 230 metros por 29,5 de manga e un calado de 12. Tiña un motor principal de 15.000 cabalos de potencia e o seu rexisto bruto era de 28.945 toneladas.