Policleto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Policleto de Argos ( século V a.C.)(en grego antigo Modelo:Grego antigo / Polýkleitos) foi un dos máximos escultores gregos do período clásico, contemporáneo de Fidias e Mirón.
Foi autor dun tratado, coñecido como Canon, no cal teorizou sobre as proporcións e as relacións numéricas ideais do corpo humano.
O tratado perdeuse así como as súas obras esculpidas, mais a súa teoría e as realizacións artísticas sonnos coñecidas a través das copias romanas das súas estatuas, que testemuñan aínda a fama e a fortuna que tiveran entre os antigos.
Entre as estatuas de bronce executadas por Policleto as máis famosas son o Diadúmenos (circa 430 a.C.), a Amazona ferida (circa 435 a.C.), a estatua crisoelefantina de Hera (circa 420 a.C.), e sobretodo o Doríforo (circa 450 a.C.).
Nesta obra e claramente apreciábel o canon que inventou, en canto a altura da cabeza do suxeito é 1/7 da altura total do corpo.
O seu discípulo máis famoso foi Lisipo.