See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Plaxioclasio - Wikipedia

Plaxioclasio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Plaxioclasio
Plaxioclasio

Chámase plaxioclasio[1] (en español plagioclasa ou plagiosclasa) a un grupo de feldespatos correspondente á clase de silicatos alumínicos (á serie dos tectosilicatos) de sodio e calcio variando as proporcións destes elementos. Forman unha serie isofórmica de solución sólida. Os seus minerais principais son a albita e a anortita, nos estremos da serie, tendo todos os plaxioclasios moitas características comúns con ambas.

Debido á importancia da composición dos plaxioclasio á hora da clasificación das rochas ígneas, a serie divídese en cen unidade, en función da porcentaxe de anortita nun plaxioclasio concreto.

Cristalizan no sistema triclínico, de onde toman o seu nome, do grego plagios (inclinado) e klasis (fractura). Os cristais simples e ben desenrolados son relativamente raros e máis propios da albita. Soen presentar certos tipos de maclas (de tipo polisintético), o que permite diferenciar os plaxioclasios dos feldespatos potásicos en láminas transparentes.

Índice

[editar] Propiedades

Ao tratarse dun grupo con series isomórficas, as propiedades físicas e ópticas son moi variábeis dun tipos a outros, dependendo das composición puntual de cada caso. A dureza é unha das constantes en todo o grupo, xa que oscila en tódolos casos entre 6 e 6,5 na escala de Mohs, con exfoliación perfecta e moi boa en dúas direccións que cortan a 90º, e as fracturas son concoideas, estelosas ou desiguais.

A densidade varía nos plaxioclasios dependendo do maior contido en calcio, aumentando lixeiramente o peso específico de 2,6 a 2,7 nas ortosas e microclinas, o peso específico é lixeiramente inferior cun valor medio de 2,55.

Son infusíbeis ao fogo a sanidina e as microclinas, mentres que o resto éo con dificultade, sendo máis fácil no caso dos plaxioclasios. Todos son solúbeis en ácido fluorhídrico e os plaxioclasios disólvense en clorhídrico máis facilmente canto maior é o contido de calcio.

O brillo é vítreo nacarado en todo o grupo, variando a transparencia segundo os individuos. Todos eles, ao pertencer ao sistema monoclínico e triclínico son anisótropos biáxicos cuns índices de refracción medio baixos, son inferiores nas ortosas e superiores nos plaxioclasio. A birrefrixencia é bastante constante. Non presentan aspectos típicos nin fluorescencia.

[editar] Minerales plaxioclasios e as súas composicións

Nome do mineral
NaAlSi3O8
(%)
CaAl2Si2O8
(%)
Densidade
(g / cm3)
Albita 100-90 0-10 2,61
Oligoclasio 90-70 10-30 2,65
Andesina 70-50 30-50 2,69
Labradorita 50-30 50-70 2,70
Bitownita 30-10 70-90 2,75
Anortita 10-0 90-100 2,77

[editar] Referencias

  1. [http://www.canalciencia.com/faladoiro/numero_58.htm Diáclases, plaxioclasios e outros cultismos con -klastós], Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 58

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -