See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pietro Mennea - Wikipedia

Pietro Mennea

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pietro Paolo Mennea (Barletta, Bari, 28 de xuño de 1952). Velocista italiano, medalla olímpica en 1980 e posuidor do récord do mundo dos 200 metros lisos desde 1979 a 1996 (con a marca de 19”72).

Mennea comezou a súa dilatada carreira atlética internacional no 1971, cando debuta nos Campionatos europeos con un terceiro posto nos relevos de 4x100 m. Fixo a súa estrea olímpica en Múnich, Alemaña, na Xogos olímpicos de 1972, na que acadou a final dos 200 m, especialidade na cal era moi forte. Logrou o terceiro posto, detrás do soviético Valery Borzov e o norteamericano Larry Black. Logo conseguiría estar noutras tres finais olímpicas na mesma especialidade.

Nos Campionatos europeos do 1974, Mennea obtén o ouro nos 200 m. diante do público paisano de Roma, e colocase segundo nos 100 m. (detrás de Borzov, un dos seus rivais históricos) e nos relevos de velocidade. Despois dalgunhas exhibicións desilusionantes, no 1976 Mennea decide renunciar aos Xogos Olímpicos, mais o público italiano protestou, e Mennea acudiu a Montreal. Foi quen de clasificarse para a final, porén veu como o ouro acababa nas mans do xamaicano Don Quarrie, mentres el acabou obtendo un algo inútil cuarto posto. O mesmo resultado acada nos relevos de 4x100, fallando por pouco para o bronce. No 1978, en Praga, defende con éxito o seu título europeo dos 200, pero mostrou os seus dotes para a distancia máis curta, na que esta vez vence.

No ano 1979, Mennea, estudante de Ciencias Políticas, participa nas competicións da Universiada, que se desputaban en México, cidade sita a grande altura sobre o nivel do mar. O tempo con que vence nos 200 m., 19"72, era o novo record do mundo. Aínda que este record durou 17 anos, estivo un tanto devaliado polo feito de ser obtido en altura elevada (máis debese notar que Mennea ostentou tamén o record mundial a nivel do mar entre 1980 e 1983 con 19"96, tempo estabelecido na súa cidade natal, Barletta). O record sería batido por Michael Johnson nos US Trials para as Olimpiadas de 1996.

Como recorman mundial, Mennea era sen dúbida un dos favoritos para o ouro olímpico en Moscova, entre outras cousas polo boicot estadounidense ás Olimpiadas do 1980. Na final dos 200, Mennea enfrontouse ao campeón saínte Don Quarrie e máis ao campeón dos 100 Allan Wells. Wells parecía dirixirse cara unha vitoria nidia mais Mennea achegouselle na recta e foi quen de sobrepasalo nos últimos metros, levando o ouro por 2 centésimas de segundo.

O 22 marzo 1983, na pista do Comunale de Cassino estabeleceu o record mundial dos 150 metros lisos, con 14.8 segundos. Este record, aínda con toma manual, continúa sen ser batido.

Mennea, alcumado a Frecha do Sur, anunciou a súa retirada, para ter máis tempo para estudar. Con todo tivo un trasacordo e obteu a medalla de bronce nos 200 e máis a de prata nos relevos 4X100 na primeira edición dos Campionatos do mundo de atletismo en Helsinki 1983. Un ano despois, competía na súa cuarta final olímpica consecutiva dos 200 m., sendo o primeiro atleta no mundo que lograba tal fazaña. Nesta ocasión, aínda que era o campeón saínte, terminou no séptimo posto e, á fin, retirouse das competicións por segunda vez. Porén Mennea retornou e compareceu na súa quinta Olimpiada en Seúl, sempre nos 200 m.

Logo de graduarse en Dereito, Ciencias Políticas e Ciencias da Educación, actualmente Pietro Mennea exerce a profesión de avogado e máis de profesor universitario de Dereito do Deporte. Foi elexido para o Parlamento Europeo en 1999.

No 2006 xunto a súa muller, Manuela Olivieri, creou a entidade Fondazione Pietro Mennea Onlus per la Ricerca e lo Sport, con obxetivos primeiramente de carácter filantrópico (donacións de asistencia social e de investigación médico-científica); como obxectivo secundario, de carácter cultural, difundir o deporte e os seus valores. Pietro Mennea é citado naa canción de Samuele Bersani "Che vita".


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -