Peter Gustav Lejeune Dirichlet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Johann Peter Gustav Lejeune Dirichlet (Düren, actual Alemaña, 13 de febreiro de 1805 - Gotinga, actual Alemaña, 5 de maio de 1859) foi un matemático alemán ao que se lle atribúe a definición "formal" moderna dunha función.
A súa familia era natural do pobo de Richelet en Bélxica, de onde o seu apelido "Lejeune Dirichlet" ("lle jeune de Richelet" = "o mozo de Richelet") derivou, e ese era o lugar onde viviu o seu avó.
Dirichlet naceu en Düren, onde o seu pai era o xefe da oficina de correos. Foi educado en Alemaña, e despois en Francia, onde aprendeu de moitos dos máis matemáticos de renome do seu tempo, relacionándose con algúns como Fourier. Tras graduarse, foi profesor nas universidades de Breslau (1826-1828), Berlín (1828-1855) e Gotinga, onde ocupou a cátedra deixada por Gauss tras a súa morte. As súas achegas máis relevantes centráronse no campo da teoría de números, prestando especial atención ao estudo das series, e desenvolveu a teoría das series de Fourier. A súa primeira publicación comprendeu unha demostración particular do teorema de Fermat, para o caso n=5, que tamén foi completada por Adrien-Marie Legendre, un dos seus revisores. Dirichlet completou a súa propia proba case ao mesmo tempo; máis adiante completou tamén a proba para n=14. Aplicou as funcións analíticas ao cálculo de problemas aritméticos e estableceu criterios de converxencia para as series. No campo da análise matemática perfeccionou a definición e concepto de función, e en mecánica teórica centrouse no estudo do equilibrio de sistemas e no concepto de potencial newtoniano.
casou con Rebecka Mendelssohn, que viña dunha distinguida familia de xudeus conversos. Era a neta do filósofo Moses Mendelssohn, filla de Abraham Mendelssohn Bartholdy e irmá do compositor Felix Mendelssohn Bartholdy.
Foron estudantes seus Ferdinand Eisenstein, Leopold Kronecker e Rudolf Lipschitz. Tras a morte de Dirichlet, o seu amigo e colega matemático Richard Dedekin recompilou, editou e publicou as súas leccións e outros resultados en teoría de números baixo o título Vorlesungen über Zahlentheorie (Leccións sobre Teoría de Números).
[editar] Véxase tamén
- Teorema de Dirichlet
- Carácteres de Dirichlet
- Convolución de Dirichlet
- Densidade de Dirichlet
- Distribución de Dirichlet
- Núcleo de Dirichlet
- Problema de Dirichlet
- Series de Dirichlet
- Teselación de Dirichlet
- Condición de contorno de tipo Dirichlet
- Función de Dirichlet
- Principio de Dirichlet
- Problema do divisor de Dirichlet
[editar] Ligazóns externas
- Dirichlet, Johann Peter Gustav Lejeune, Vorlesungen über Zahlentheorie. Braunschweig, 1863. "Number Theory for the Millennium".
- Biografía de Dirichlet en el Fermat's Last Theorem Blog