Pelle Almqvist
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Howlin' Pelle Almqvist (nacido o 29 de maio de 1978 en Fagersta, Västmanlands län, Suecia) é o vocalista da banda sueca The Hives. Ao igual que o resto da banda, Almqvist procede de Fagersta, unha pequena vila do centro de Suecia duns 12.000 habitantes.
Pelle e o seu irmán Nicholaus formaron a banda en 1993, e, segundo a biografía da banda, chamaron a atención do promotor e compositor Randy Fitzsimmons (que durante tempo se pensou que era unha personaxe ficticia), que impulsou á banda cara a fama.
Almqvist é coñecido pola súa enerxía sobre o escenario, e a súa posta en escea fíxolle gañar á banda o título de "mellor banda en directo do mundo" pola Spin Magazine, que tamén coloca a Almqvist na súa lista dos "50 mellores líderes de todos os tempos". Algunhas das súas postas en escea inclúen o mesturarse co público, subirse aos amplificadores ou a escaleiras e dicir tonterías entre as cancións. Por exemplo, durante o Big Day Out Festival en Sidney no 2005, Pelle díxolle á audiencia "Bad music is the devil and I will be your exorcising priest, helpin' you out!" (a mala música é o demo e eu serei o voso exorcista, axundando a expulsalo!). No final dun concerto, díxolle ao público, "Thank you for flying Hives Airlines. We hope you had a great flight and decide to return again soon!" (Grazas por voar nas aeroliñas Hives. Agardamos que tivesedes un bo vóo e decidades voltar cedo!).