Partit Comunista del País Valencià
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partit Comunista del País Valencià (Partido Comunista do País Valenciano) é o nome que tomaron os comunistas valencianos integrados no Partido Comunista de España en 1976 ao adoptar un programa de contenido socialista e nacionalista e unha estrutura federal. É a actual federación do Partido Comunista de España na Comunidade Valenciana.
A comezos dos oitenta unha crise interna supuxo a saída dos sectores renovadores por un lado e dos nacionalistas polo outro; algúns destos últimos acabaron en Agrupament d'Esquerres del País Valencià (AEPV) e outros fundaron o Partit Comunista dels Valencians (PCV).
En 1987 o PCPV integrouse na coalición Esquerra Unida del País Valencià (EUPV) xunto a outras formacións políticas socialistas e republicanas.
A actual secretaria xeral é Marga Sanz.
As súas xuventudes denominanse Joventut Comunista del País Valencià (JCPV).