Paloma Lago
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paloma Lago, nada en Ferrol, o 22 de maio de 1967, é unha modelo e presentadora de televisión galega.
[editar] Biografía
En 1985 trasládase a vivir a Madrid, onde estuda deseño e moda, e cedo atopa a posibilidade de traballar como modelo, da man da Axencia International Booking.
En 1990 debuta como presentadora de televisión no programa Tele 5 ¿dígame? (1990-1992), primeiro con Laura Valenzuela e Javier Basilio e na súa derradeira tempada con Andrés Aberasturi. Ese mesmo ano aparece tamén np programa Tutti Frutti, da mesma cadea.
En 1993 conduce o concurso Los cinco sentidos, en Antena 3, con dirección de Julia Otero e catro anos máis tarde Risas y estrellas (1997-1999) en TVE con Pedro Rollán na primera tempada e máis tarde con José Luis Moreno e Loreto Valverde.
Entre 1999 y 2002 se convirte en presentadora de programas infantís, cando Televisión española lle encarga porse á fronte do espazo TPH Club. En 2000 faise cargo tamén de Eurocanción, programa deseñado para elexir aos participantes españois noFestival de Eurovisión.
Os anos 2000, 2001 e 2002 se encarga de presentar o Navideño espazo de TVE Telepasión xunto a Carlos Lozano. Ao término deses mesmos anos compartiría plano xunto a Ramón García nas badaladas de Noitevella.
Máis tarde, en 2004, presenta o espazo musical El verano ya llegó, xunto a Miguel Ángel Tobías.
También fixo as súas incursiónss na interpretación, intervindo na serie Compuesta y sin novio (1994), con Lina Morgan e a película Cuernos de mujer (1995), de Enrique Urbizu, con María Barranco.
En 2006 participou como concursante no programa de monólogos El Club de Flo, en La Sexta.