Palacio de Westminster
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. Coordeadas:
O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesares de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio. Os arquitectos responsables da reconstrución do palacio foron Sir Charles Barry e Augustus Pugin. O edificio é un exemplo do estilo neogótico. Unha das características máis senlleiras do palacio é a torre do reloxo, unha atracción turística que aloxa a campá chamada Big Ben, nome asignado erroneamente ao reloxo da torre.
O palacio contén máis de mil habitacións, sendo as máis importantes as correspondentes aos Salóns da Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns. O palacio tamén inclúe salas de reunión, bibliotecas, corredores, comedores, bares e ximnasios. É o lugar onde se realizan importantes cerimonias de estado, das cales a máis importante é a Cerimonia de apertura do Parlamento. O palacio está moi asociado coas dúas Cámaras, tal como o demostran o emprego da palabra "Westminster" para referirse ao "Parlamento". As oficinas dos parlamentarios atópanse en edificios próximos, tales como a Casa Portcullis e os Edificios Norman Shaw.
[editar] Ligazóns externas
- O Palacio de Westminster, páxina oficial do Parlamento do Reino Unido (en inglés).
- Guía de visitantes á Cámara do Parlamento (en inglés)