See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pórtico - Wikipedia

Pórtico

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pórtico do Panteón de Agripa
Pórtico do Panteón de Agripa

En arquitectura, pórtico é o corpo formado por unha galería de columnas adosada a un edificio ou aberta ao aire libre.

Algúns exemplos famosos de pórtico son o East Portico do Capitolio dos Estados Unidos de America, e o pórtico que adornaba o Panteón en Roma.

Bolognia, en Italia, é famosa polos seus pórticos. En total, ten máis de 45 quilómetros de arcadas, aproximadamente 38 no centro da cidade, entre eles o pórtico máis longo do mundo, que mide aproximadamente 3,5 quilómetros e conduce dende o borde da cidade ata a Basílica Beata Vergine di San Luca.

Un pronaos é a área interior do pórtico dun Templo grego ou romano, situado entre a columnata do pórtico ou paredes e a entrada ao "cella" ou lugar santo. Os templos romanos comunmente tiñan pronaos abertos, polo xeral con só as columnas e ningunha parede. A palabra "pronaos" úsase en grego para "antes dun templo". En latín, os pronaos tamén son mencionados como "anticum" ou "prodomus".

Índice

[editar] Tipos de pórtico

Templo de Portunus, exemplo de Tetrastyle
Templo de Portunus, exemplo de Tetrastyle
Pórtico do Panteón de Roma
Pórtico do Panteón de Roma
Partenón de Atenas
Partenón de Atenas

As variantes de pórticos noméanse en función das columnas que os compoñen.

[editar] Tetrastyle

O tetrastyle ten catro columnas. Era comunmente empregado polos gregos e os etruscos para pequenas estruturas.

Os romanos favoreceron o pórtico de catro columnas para os seus santuarios como o Templo de Portunus, para templos como o Templo de Venus e Roma, e para os pórticos de entrada de grandes edificios públicos como a Basílica de Maxentius e Constantino.

[editar] Hexastyle

Os edificios tiñan seis columnas e eran os pórticos estándar no Dórico (a arquitectura entre o período arcaico 600-550 aC ata a Idade de Pericles 450-430 aC).

[editar] Hexastyle grego

Algúns exemplos coñecidos de hexastyle clásico Dórico son templo gregos como:

  • O grupo de Paestum que comprende o Templo de Hera (c. 550 aC), o Templo de Apolo (c. 450 aC), o primeiro Templo de Atenea ("Basílica") (c. 500 aC) e o segundo Templo de Hera (460-440 aC).
  • O Templo de Atenea "Aphaia (a invisible)" en Aegina (c. 495 aC).
  • O Templo en Selinus (465-450 aC) dedicado a Hera
  • O Templo de Zeus en Olimpia, na actualidade en ruinas.
  • O Templo ou o suposto "Templo de Concordia" en Agrigentum (c. 430 aC), un dos templos gregos clásicos mellor conservados, conserva case todo o seu peristilo.
  • O "templo inacabado" en Segesta (c. 430 aC)
  • O Hephaesteum baixo a Acrópole en Atenas, coñecida como o "Theseum" (449-444 aC),
  • O Templo de Poseidón sobre Cabo Sunium (c. 449 aC)

O Hexastyle tamén foi empregado nos templos xónicos, como o pórtico do Santuario de Atenea sobre o Erechtheum na Acrópole de Atenas.

[editar] Hexastyle romano

Coa colonización grega do sur de Italia, o hexastyle foi adoptado polos etruscos e posteriormente polos romanos. O gusto romano pseudoperipteral favoreceu os edificios estreitos con altas columnas, levantadas sobre podios para maior grandiosidade e esplendor conferido pola considerable altura. A Maison Carrée en Nîmes é un dos templos romanos mellor conservados que sobreviven da antigüidade clásica.

[editar] Octostyle

O Octostyle tíña oito columnas. Estes edificios son máis escasos que os Hexastyle no Canon arquitectónico clásico grego. Os edificios octostyle máis coñecidos que sobreviven da antigüidade son o Partenón en Atenas construído durante a Idade de Pericles (450-430 aC), e o Panteón en Roma (125 aC).

[editar] Decastyle

O decastyle ten dez columnas; como o templo Apolo Didymaeus en Mileto, e o pórtico do University College London.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Greek architecture Encyclopaedia Britannica, 1968
  • Stierlin, Henri Greece: From Mycenae to the Parthenon, TASCHEN, 2004, Editor-in-chief Angelika Taschen, Cologne, ISBN 3-8228-1225-0
  • Stierlin, Henri The Roman Empire: From the Etruscans to the Decline of the Roman Empire, TASCHEN, 2002, Edited by Silvia Kinkle, Cologne, ISBN 3-8228-1778-3

[editar] Outros artigos


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -