Orihuela
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Orihuela (Oriola en catalán), é unha cidade alacantina capital da comarca da Vega Baja del Segura. Foi capital de provincia e ata de Reino. Foi nomeada cidade o 11 de setembro de 1.437, a primeira en toda a actual provincia de Alacante. O símbolo de Orihuela, un vichelocrego (oriol en español), ten os privilexios de que nunca se inclina, unicamente ante Deus e el-Rei.
Está situada na zona castelanfalante da Comunidade Valenciana e o seu topónimo oficial é o da forma española.
[editar] Cronoloxía
576. Capital da provincia romana de Aurariola.
713. O 5 abril, o militar e conde Teodomiro, proclámase Rei de Tudmir, e fixa Orihuela como capital.
825. Reino dependente do emirato omeia.
1031. O reino convértese en cura (provincia) do Califato de Córdoba.
1212. Vólvese converter en Reino de Murcia.
1380. Orihuela faise capital da Gobernación de Orihuela (2/3 da provincia da actual Alacante).
1737. Alacante independízase administrativamente de Orihuela.
1833. Orihuela pasa a pertencer á provincia de Murcia.
1920. Diversos movementos localistas falan de Orihuela como parte do País Murciano.
1988-2006. Distintos estudos das Universidades de Andalucía e Murcia demostran que Orihuela ten máis relación con Murcia que con Valencia en canto a fonética, léxico, festas, arquitectura, agricultura, folclore, instrumentos musicais ou costumes de enterramento.
2006. O 11 abril, o novo Estatuto de Autonomía da Comunidade Valenciana anula a comarca de Orihuela aumentando o sentido nacionalista, provocando o nova desunión co resto dos valencianos.