See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Onda sísmica - Wikipedia

Onda sísmica

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Artigo en progreso: Este artigo relacionado coa Física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Sismógrafo, aparello empregado para medir as ondas
Sismógrafo, aparello empregado para medir as ondas

As ondas sísimicas son un tipo de ondas mecánicas lonxitudinais ou transversais que constitúen a propagación temporal de perturbacións no campo de esforzos, xerando vibracións ou movementos polo medio que atravesan. Son as causantes dos terremotos, debido á brusca liberación da enerxía de ditas ondas acumulada nas rochas sometidas a esforzo, cando as ondas colisionan con elas. A ciencia que se ocupa do estudo de este tipo de ondas chámase sismoloxía. O sismógrafo, inventado por John Milne, é o aparello que detecta ditas ondas.


Índice

[agochar]

[editar] Tipos de ondas

[editar] Ondas P

Onda P
Onda P

Son tamén chamadas ondas primarias, lonxitudinais ou de compresión, e débese a que ao seu paso as partículas somentes vibran na mesma dirección que o raio sísmico. Polo tanto, o solo comprímese e dilátase tamén na mesma dirección que a onda. Neste sentido semellan ás ondas sonoras. Son as ondas que se propagan con maior velocidade, case o dobre de rápido que as ondas S, e as primeiras en detectarse polos sismógrafos. Desprázanse en calquer tipo de medio, tanto sólido coma fluído, xa que dependen da comprensibilidade do medio. A velocidade de propagación das ondas P ten a seguinte ecuación:

v_p= \sqrt{ \frac {K+\frac{4}{3}\mu} {\rho}}
Onda P en medio sólido e líquido
Onda P en medio sólido e líquido


onde:

  • K é o módulo de incompresibilidade
  • ρ é a densidade do material a través do cal se propaga a onda.
  • μ é o módulo de corte ou rixidez.



Medio Vcde (m/s)
Aire 330
Auga 1.450
Granito 5.000




[editar] Ondas S

Ondas P, S e superficiais
Ondas P, S e superficiais

Son tamén chamadas ondas secundarias, transversais ou de cizalla, é isto débese a que, ao seu paso, fan vibrar as partículas oscilando nun plano perpendicular á dirección de propagación das ondas. A súa velocidade de propagación é menor ca das ondas P, e dependen para desprazarse da elasticidade do medio, polo que non se desprazarán en medios fluidos. Esta característica das ondas S será vital para coñecer a estrutura interna de calquer planeta. A ecuación que determina a velocidade das ondas S é a seguinte:

v_s=\sqrt{\frac{\mu}{\rho}}

onde:

  • ρ é a densidade do material a través do cal se propaga a onda.
  • μ é o módulo de corte ou rixidez.


[editar] Ondas superficiais

As ondas superficiais, ou de superficie son varios tipos de ondas que son as verdadeiras responsables das catástrofes naturais, é dicir, dos danos na superficie da codia terrestre. Polo tanto, non se empregan para o estudo do interior da Terra.

[editar] Love

Foron descubertas polo científico e investigador inglés A. Love no ano 1911. O seu movemento descríbese horizontalmente ou en zigzag sobre a superficie terrestre, nun movemento parecido á reptación dunha serpe. Son lixeiramente máis lentas cas ondas P e as ondas S.

[editar] Rayleing

O nome destas ondas provén do investigador británico John William Strutt, coñecido coma Lord Rayleigh, barón da familia dos Rayleigh, no ano 1885. O seu movemento e parecido ao dunha onda mariña, producindo un movemento elíptico. Tamén son chamadas ground roll.


[editar] Estudo das ondas

O estudo das ondas sísimica pode ter innumerables vantaxes para predicir terremotos, danos, ou simplemente para o estudo do interior da Terra.


[editar] Método sísmico

Mediante o estudo das ondas sísmicas e as súas popiedades podemos determinar a composición dos materias que forman o interior da Terra, xa que determinadas ondas só atravesan medios sólidos e outras atravesan ambos. As ondas S e P permítenos determinar o tipo de capas do que está feito o noso planeta e ata que profundidade.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -