Odilon Redon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bertrand-Jean Redon, coñecido como Odilon Redon (Bordeos, 20 de abril de 1840 - París, 6 de xullo de 1916) foi un pintor e artista gráfico francés, considerado o máis importante dos pintores do Simbolismo, por ser o único que soubo crear unha linguaxe plástica particular e orixinal. Foi un colorista moi destacado. A súa arte explora os meandros do pensamento, o aspecto sombrío e esotérico da alma humana, impregnado de mecanismos do soño.
Redon foi un dos membros máis destacados do movemento simbolista, cuxas basees teóricas foron definidas polos manifestos do poeta Stéphane Mallarmé e pola estética romántica. Diferentemente da obra dos seus compañeiros, a súa chegou aos límites da suxestión e da abstracción, e pódese dicir que, tanto formal canto conceptualmente, chegou, de modo visionário, preto da futura vangarda surrealista.
Publicou en vida une interesante autobiografía onde son evocadas as súas relacións co medio artístico e as ambicións artísticas e espirituais da súa época.