See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
O hobbit - Wikipedia

O hobbit

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O hobbit


Título orixinal the Hobbit
Autor J. R. R. Tolkien
País Reino Unido
Lingua inglés
Xénero(s) Novela
Editorial Edicións Xerais
Data de publicación 1937 (en galego no 2000)
ISBN 84-8302-495-0
Seguido por O Señor dos Aneis

O Hobbit, conto longo de J. R. R. Tolkien, foi publicado o 21 de setembro de 1937. Iniciado entre os anos 1930 e 1931, esta obra de corte infantil, é a primeira que sae á luz pública onde Tolkien explora o universo mitolóxico da Terra Media que máis tarde definirán O Señor dos Aneis e O Silmarillion, perfilándose algúns dos personaxes que logo participarán de forma moi activa en O Señor dos Aneis, como Gandalf ou Bilbo.

Índice

[editar] Argumento

A historia sitúase cronoloxicamente no ano 2941 da TI, poucas decenas de anos antes das aventuras d' O Señor dos Aneis. Narra a viaxe dun hobbit chamado Bilbo Bulseiro (tío de Frodo, un dos protagonistas principais d' O Señor dos Aneis), ó que non lle gustan as aventuras, á Montaña Solitaria en busca do tesouro roubado polo dragón Smaug anos atrás. Todo comeza un inesperado día no que Bilbo recibe a visita de Gandalf o Gris xunto con 13 ananos, entre os que se atopa Thorin Escudo de Carballo, descendente dos propietarios do tesouro roubado. Algúns dos feitos narrados n' O Hobbit influirán nos acontecementos posteriores d' O Señor dos Aneis, como o achádego do Anel, que estaba en mans da criatura Gollum, e o seu traslado á Comarca.

[editar] Análise

Se ben a análise da obra leva invariablemente á confrontación coa súa "irmá maior", O Señor dos Aneis, non é posible facer unha comparación entre elas, xa que o ton e estilo son completamente distintos, pois estaba destinado por completo a un público infantil. De feito, a obra foi escrita nun principio para os seus fillos, e foi o fillo do editor George Unwin, de dez anos, quen por unha paga (un chelín), escribiu un resumo da obra e aconsellou a súa edición; ese "informe" aínda pode ser consultado.

Debido a que Tolkien non sempre tivo claro o realizar unha continuación desta obra, unha vez creado o Señor dos Aneis, tivo que realizar algúns cambios coa intención de que ambas obras tiveran a coherencia adecuada.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Edición en galego

[editar] Bibliografía analítica

  • El Hobbit: Guía de Lectura, por J. R .R. Tolkien. Guía de lectura realizada por Paola Castagno e Leandro Pascual. Editorial: Espasa-Calpe, colección Austral.

[editar] Outros artigos


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -