O Eixo, Santiago de Compostela
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Cristovo do Eixo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.024 habitantes (523 mulleres e 501 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 1.060 habitantes.
O Eixo atópase rodeada polas parroquias de San Martiño de Aríns, Santa María de Marrozos, Cacheiras e Os Tilos. Por ela discorre o río Aríns, que ó chegar alí cambia o seu nome polo de río Santa Lucía. É así debido a que o seu leito flúe a carón da capela de Santa Lucía, un referente parroquial que se une cos cruceiros estendidos ó longo da vila á variedade cultural existente. É unha das parroquias compostelanas que máis sofre o desenvolvemento das infraestructuras xa que se ve rodeada polas autoestradas AP-9, AP-53 e a liña en construción do tren de alta velocidade (AVE). Deste último cabe sinalar a ponte en construcción que se está a realizar sobre o val que chega a acadar os 95 metros de altura na súa parte máis alta, referente a nivel estatal ó converteerse na segunda ponte máis elevada do país.
Lugares da parroquia de O Eixo no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Bornais | O Eixo de Abaixo | O Eixo de Arriba | O Gaioso | O Igrexario | Os Laranxos | Pereiras | Piñeiro | A Uceira | O Valado |
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela | |
---|---|
Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán) |