Nitrito (inhalante)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os nitritos son unha clase especial de inhalantes que en ocasións empréganse como drogas. A diferenza da maioría dos demais inhalantes que actúan directamente sobre o sistema nervioso central (SNC), os nitritos esencialmente dilatan os vasos sanguíneos.
[editar] Tipos de nitritos empregados como inhalantes
Os nitritos inclúen o Nitrito ciclohexílico, Nitrito isoamílico (amílico) e Nitrito isobutílico (butilo). O nitrito ciclohexílico atópase nos perfumes ambientais. O nitrito amílico emprégase en certos procedementos de diagnóstico e se lles prescribe a algúns pacientes para dores do corazón.
Mesmo, mentres que os outros inhalantes empréganse para alterar o estado de ánimo, os nitritos se usan principalmente para intensificar o pracer sexual. Na rúa, se lle da o nome de "poppers" ("rebentadores") ou "snappers" ("renxedores") ás ampolas de nitrito amílico que teñen ilexitimamente desviadas a este uso. O nitrito de butilo é unha substancia ilegal que frecuentemente é empaquetada e vendida en pequenas botellas coñecidas tamén como "poppers".