See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Nickelback - Wikipedia

Nickelback

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Historia

[editar] O inicio

A banda vén de Canadá, dunha cidade chamada Hanna, Alberta (no oeste canadense). Foi formada na década dos 90 e iniciou a carreira en Vancouver. O grupo foi formado em 1996 cando o vocalista Chad Kroeger convidou ao seu irmán Mike Kroeger, e outro antigo colega e amigo Ryan Peake para formaren unha banda, o cargo de baterista inicialmente foi ocupado por Brandon Kroeger primo de Chad e Mike que máis tarde sería substituído por Ryan Vikedal. O baterista Brandon Kroeger gravou apenas o primeiro álbum Curb e foi substituído por Mitch Guindon por un curto período de tempo até a entrada de Ryan "Nik" Vikedal. O disco "The State" de 1999 foi lanzado nos EEUU em marzo de 2000, estourando nas radios cos singles "Breathe", "Leader of Men" e "Old Enough”.

Un feito curioso é que o álbum “The State” foi lanzado primeiro independente cunha cuberta, depois pola EMI, a gravadora de Nickelback en Canadá, con outra cuberta un pouco diferente, e reeditado pola Roadrunner nos EEUU con outra capa, existindo un mesmo disco no mercado com tres diferentes.

[editar] Silver Side Up (2001-2003)

A banda tornouse coñecida co tema "Leader of Men", mais foi co seu single "How You Remind Me" co que a banda deu o seu boom para o mundo da música. Este tema, cuxa reprodución nas radios é intensa, deu a coñecer en 2001 o álbum Silver Side Up. Silver Side Up é un álbum constituído por um puñado de boas cancións rock cunha tonalidade que por veces se torna un pouco máis heavy. Cancións de suceso como dende"How You Remind Me", a "Too Bad" e "Never Again". Nickelback ten varias influencias como por exemplo os Lifehouse, Staind e 3 Doors Down.

O álbum "Silver Side Up", de 2001, foi producido polo veterano Rick Parashar, que xa traballara con Pearl Jam, e misturado por Randy Staub (Metallica, U2). Foi gravado en setembro, en cinco semanas en Vancouver no Greenhouse studio, (onde foi gravado também The State), tendo a participación da guitarra slide de Ian Thornley da banda Big Wreck.

"How You Remind Me" foi o primeiro single do álbum, que fixo que Nickelback escalase os postos de discos máis vendidos, esta música foi escrita en 15 minutos, nos ensaios antes de entrar a banda no estudio, sendo indicada para catro premios Grammy e para catro premios Billboard. Esta música foi a máis tocada em 2002 nos EEUU, de acordo coa Billboard, dando o título a Nickelback de artistas de rock máis tocados nos EEUU en 2002 en todos os formatos de radio.

O suceso estrondoso de Silver Side Up fixo que Nickelback recibise disco de platino en Alemaña e en Holanda, na Australia recibiu o platino duplo, no Reino Unido o platino triplo, nos Estados Unidos recibiu o disco de platino quíntuplo, na súa terra natal, Canadá recibiu oito veces o disco de platino e mais dez discos de platino ao redor do mundo.


[editar] The Long Road (2003-2005)

The Long Road foi gravado parte na Greenhouse Studios e parte no estudio da casa de Chad, tamén en Vancouver e é o traballo máis honesto, agresivo e emocional deles, deixando a todos moi orgullosos disto. Segundo Chad Kroeger: “Os fans do verdadeiro rock n´roll van ter unha sorpresa, o álbum está menos en relación a min e a cousas que pasei, é sobre experiencias que cada un de nós podemos pasar e o que podemos aprender con iso, é o primeiro álbum sen ningunha influencia de fóra, nós traballamos xuntos para gravar un disco que realmente queríamos gravar, sin ningunha inibición, non poderia ser doutro xeito”.

A banda ten unha longa e impresionante historia de suceso construída tanto na estrada como nos grandes singles que lanzaron e que alcanzaron posicións incríbeis nos airplays das radios a nível mundial. Con Silver Side Up, o seu terceiro álbum, a banda alcanzou vendas superiores a nove millóns de discos, despois, outro álbum exitoso foi o The Long Road de 2003, tamén con máis de 9 millóns de copias, co suceso "Someday".

[editar] All the Right Reasons (2005-presente)

Lanzado en 2005, o álbum All the Right Reasons tivo unha inesperada repercursión por todo o mundo concluíndo en máis de seis singles como "Photograph", "Far Away", "Savin' Me", "Rockstar", "Animals" entre outras, segundo fontes da Billboard a banda é a única da historia en permanecer máis de 102 semanas entre o Top 10 mundial, e tendo o álbum de rock máis vendido dese século, e recibindo o título de Álbum da Década con vendas superiores a 6 millóns só en Canadá, máis de 7 millóns en Inglaterra, e nos EEUU, e diversos platinos e multi-platinos superando a incríbel marca de 15 millóns de álbuns vendidos. Os integrantes de Nickelback residen en Vancouver, British Columbia, Canadá.

Actualmente, a banda encóntrase preparando o seu novo álbum, aínda de nome descoñecido.


[editar] Integrantes

[editar] Formación actual

  • Chad Kroeger (vocal, guitarra)
  • Ryan Peake (guitarra, back-vocal)
  • Mike Kroeger (baixo)
  • Daniel Adair (batería, back-vocal)

[editar] Ex-membros

  • Brandon Kroeger - baterista (Álbum: Curb)
  • Ryan Vikedal - baterista (Álbuns: The State, Silver Side Up e The Long Road)

[editar] Discografia

[editar] Álbuns

  • 1996 - Curb
  • 1999 - The State
  • 2001 - Silver Side Up
  • 2003 - The Long Road
  • 2005 - All the Right Reasons

[editar] EPs

[editar] Bandas sonoras

  • 2000 - Book of Shadows: Blair Witch 2 (coa música "Old Enough")
  • 2002 - The Scorpion King (coa música "Yanking Out My Heart")
  • 2002 - Spider-Man - Trilha Sonora
  • 2003 - Daredevil: The Album'
  • 2003 - Charlie's Angels: Full Throttle (coa música "Saturday Night's Alright (For Fighting)" feat. Kid Rock)
  • 2004 - The Punisher: The Album
  • 2006 - The Hills Have Eyes (coa música "Too Bad")

[editar] Singles

Ano Título Posicións Álbum
U.S. Hot 100 U.S. Mainstream Rock U.S. Modern Rock UK Singles Chart ARIA Charts Canadá Nova Zelândia United World Chart
1996 "Fly" - - - - - - - - Curb
2000 "Leader of Men" - 8 21 - - - - - The State
2000 "Old Enough" - 24 - - - - - - The State
2000 "Breathe" - 10 21 - - - - - The State
2000 "Worthy to Say" - - - - - - - - The State
2001 "How You Remind Me" 1 1 1 4 2 1 4 3 Silver Side Up
2002 "Too Bad" 42 1 6 9 56 1 - - Silver Side Up
2002 "Never Again" - 1 24 30 - 1 - - Silver Side Up
2003 "Someday" 7 2 4 6 4 1 9 5 The Long Road
2004 "Figured You Out" 65 1 4 - 10 1 - - The Long Road
2004 "Feelin' Way Too Damn Good" 48 3 23 39 40 2 - - The Long Road
2004 "Because of You" - 7 - - - 3 - - The Long Road
2004 "See You at the Show" - - - - - - - - The Long Road
2005 "Photograph" 2 1 3 29 3 1 4 6 All the Right Reasons
2006 "Animals" 97 1 16 - 27 - - - All the Right Reasons
2006 "Far Away" 8 - - 40 2 1 1 16 All the Right Reasons
2006 "Savin' Me" 19 11 29 77 18 1 2 20 All the Right Reasons
2006 "Rockstar" 6 4 37 64 - 13 - 15 All the Right Reasons
2007 "If Everyone Cared" 17 37 - - 32 2 - 17 All the Right Reasons
2007 "Side of a Bullet" - 7 - - - - - - All the Right Reasons

[editar] Hits de éxito

As músicas conseguiron o alto das listas dos EEUU e Canadá.

Ano Single Mellores Posicións
Hot 100 Main Rock Modern Rock Canadá
2001 "How You Remind Me" 1 1 1 1
2002 "Too Bad" 42 1 6 1
"Never Again" - 1 24 1
2003 "Someday" 7 2 4 1
2004 "Figured You Out" 65 1 4 1
2005 "Photograph" 2 1 3 1
2006 "Animals" 97 1 16 -
"Far Away" 8 - - 1
"Savin' Me" 19 11 29 1
2007 "Rockstar" 6 - - -
Totais de Hits "Numero Un" 1 6 1 8

[editar] Bootlegs

  • 2001 - Almost Acoustic Christmas
  • 2002 - Somewhere Close to Hollywood
  • 2002 - High Voltage Live Radio Show
  • 2003 - For Tribe Generation EP
  • 2003 - Live in Toronto, Canada
  • 2005 - Live in Maplewood, Minnesota

[editar] DVDs

  • 2002 - Live At Home ( 29 de Outubro, 2002)
  • 2003 - The Videos (23 de Setembro, 2003)
  • 2004 - Road to Success
  • 2005 - Photo Album (4 de Outubro, 2005)
  • 2006 - Pictures (12 de Setembro, 2006)
  • 2007 - All the Right Reasons (10 de Xullo, 2007)

[editar] Curiosidades

  • A canción "How You Remind Me" gañou o premio de música máis tocada do ano en 2002.
  • A música "Side of a Bullet" foi composta em homenaxe ao falecido guitarrista do “Pantera”, Dimmebag Darrell Abbott, e conta cun dos últimos solos creados polo mesmo, doado a Nickelback por seu irmán e compañeiro de banda, Vinnie Paul.
  • O vídeo-clip "Rockstar" ten participacións de moitos artistas: entre eles Victoria Beckham, Gene Simmons (Baixista e vocal do Kiss), Ellen Jabour, Nelly Furtado, estrelas porno e tamén anónimos.
  • No día 19 de Agosto de 2002, no Festival Ilha do Ermal en Portugal, os Nickelback abandonaron o palco durante a primeira canción, depois de voaren pedras e garrafas de auga para o palco en forma de protesta dos portugueses contra a banda por ser considerada demasiado pop/comercial para um festival de metal.
  • No inicio de 2005, Ryan Vikedal, baterista da banda, abandonou o grupo por alegados desentendimentos acerca do novo álbum, foi substituído por Daniel Adair, que formaba parte dos 3 Doors Down.

[editar] Modelo:Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -