Nias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nías (Tanö Niha en lingua nías) é unha illa indonesia, situada a 125 km da costa occidental de Sumatra, no Océano Índico.
Ten unha superficie de 5.625 Km² e uns 640.000 habitantes. As súas localidades principais son Gunung Sitoli e Teluk Dalam.
O pobo Nías ten lingua propia, o nías, aínda que nas escolas estúdase o indonesio e, polo turismo, fálase inglés. Conviven comunidades musulmás, católicas e protestantes.
Os tsunamis de decembro de 2004 cobráronse 122 vidas en Nías, e o terremoto posterior de Sumatra de 2005 máis de 800.