See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols - Wikipedia

Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols
Álbum de estudio de The Sex Pistols
Data de edición: 28 de outubro de 1977 Reino Unido 10 de novembro de 1977 Estados Unidos
Datas de gravación: Outubro de 1976 Marzo a xuño de 1977Agosto de 1977
Estudo(s) de gravación:
Xénero musical: Punk
Selo discográfico: Virgin Records e Warner Bros. Records
Producido por: Chris Thomas e Bill Price
Faltan ligazóns internas neste artigo.
Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.

Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols foi o primeiro e único álbum de estudo da lendaria banda punk The Sex Pistols. A día de hoxe é considerado un dos traballos musicais máis influintes do punk e o rock and roll en xeral. A tradución máis axeitada ó galego do título do disco sería "Importanos un collon, aqui están os Pistolos" ou "Importanos uns collons, aquí están os Sex Pistols".

Índice

[editar] Historia

O álbum foi editado no Reino Unido o 28 de outubro de 1977 pola discográfica Virgin Records causando inmediatamente controversia pola inclusión da palabra "Bollocks" (testículos en inglés británico) no título. Pronto, iniciaronse accións legais para censurar o nome e prohibir a exhibición do álbum nas tendas de discos, como xa fixera o dono de Virgin Records Richard Branson no seu local de Nottingham. O 24 de novembro de 1977, o avogado defensor de Branson e os Pistols, John Mortimer, logroú demostrar ó xurado que a palabra "bollocks" era un uso lexítimo en inglés antigo para dicir crego, polo cal, simplemente non tiña ningún sentido no contexto do título. Ante a validez do argumento de Mortimer o xurado sentenció que:

Much as my colleagues and I wholeheartedly deplore the vulgar exploitation of the worst instincts of human nature for the purchases of commercial profits by both you and your company, we must reluctantly find you not guilty of each of the four charges (en galego: por moito que os meus colegas e eu deploremos a explotación dos peores aspectos da natureza human có fin de lograr beneficios comerciais como o fai vostede e a sua compañía, debemos a regañadentes atopalo inocente dos catro cargos)

Sen embargo, moito maior foi a controversia xerada polas letras de "Anarchy in the U.K." e "God Save the Queen", así como o arte de portada de Jamie Reid para o sinxelo de esta última. Ambalas duas cancions foron marcadas como insultos á sociedade civil e á monarquía e particularmente "God Save the Queen" hacia a raiña Isabel II. Ante isto, o vocalista Johnny Rotten e o gutarrista Steve Jones insistiron en afirmar que o ataque non era hacia a raiña en particular senon contra o goberno británico en xeral. De cualquera maneira, a controversia non fixo máis que aumentar as vendas do álbum.

Outra canción que causoú revoo no Reino Unido foi "Pretty Vacant", porén niste caso non pola sua letra senon pola peculiar pronunciación de Johnny Rotten na palabra "vacant". A sua esaxerada acentuación na sílaba "cant" emulaba foneticamente á palabra "cunt" (un vulgarismo inglés para dicir vaxina, traducible ó galego como "cona"). A pesar das suspicacias, Rotten nunca admitiú que esa fora a sua intención.

Never Mind the Bollocks tamén marcoú un punto de inflexión no punk rock pola produción musical. O produtor Chris Thomas esmerouse en traballar o son clarificándoo e agregando guitarras ás gravacions orixinais en lugar de lanzar o álbum cá música sen refinar como era característico nos grupos do xénero. Esta movida causoú certo rechazo por parte de alguns sectores do mesmo.

Moitas versions anteriores dos temas foran emitidas no Bootleg Spunk, editado pouco antes do lanzamento de Never Mind the Bollocks.

[editar] Listas e influencia

Never Mind the Bollocks chegoú pronto o nº 1 na lista británica de álbums máis vendidos, porén, na lista estadounidense de Billboard só chegou o nº 106. En 1998, os lectores dla Revista Q votarono como mellor álbum da historia, mentres que en 2000 a misma revista colocouno nº 10 na sua lista dos 100 mellores discos británicos de todolos tempos. En 2001, o canal VH1 colocouno nº 17 nunha lista similar. Pola sua parte, Rolling Stone calificouno en 1987 como o segundo álbum máis importante dos últimos 20 anos, por detrás de Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band de The Beatles e posicionouno nº 41 na sua lista dos 500 mellores álbums de todolos tempos de 2003. Finalmente, os lectores de Kerrang! calificarono como o mellor álbum da historia do punk.

En xeral, gran parte dos críticos e músicos consideran a Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols como un dos discos máis importantes da historia do punk rock.

[editar] Listado de temas

A primeira versión británica do álbum tiña orixinalmente once temas ata que a banda cambioú seu parecer e solicitoú a inclusión de "Submission". Sen embargo, por razons comerciais Virgin non pudo suspender a impresión e retrasar o lanzamento do disco polo cal incluiuse gratuitamente un poster e "Submission" nun sinxelo a parte. Como consecuencia, para a versión de doce temas emitida posteriormente en novembro de 1977 hubo moitas variantes erróneas na contratapa; en alguns casos nomeando "Submission", en outros omitindoo, en outros incluiendo "Belsen Was a Gas" que non pertenecía o álbum e en outros simplemente deixando a contratapa en branco.

Todolos temas son atribuidos como composición conxunta dla banda. As letras son todas obra de Johnny Rotten agás "Pretty Vacant" (Glen Matlock) e "Seventeen" (Steve Jones).


Lado 1

"Holidays in the Sun" (Steve Jones, Paul Cook, Johnny Rotten e Sid Vicious) – 3:22

"Bodies" (Steve Jones, Paul Cook, Johnny Rotten e Sid Vicious) – 3:03

"No Feelings" (Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook e Johnny Rotten) – 2:51

"Liar" (Steve Jones, Glen Matlock e Paul Cook) – 2:41

"God Save the Queen" (Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook e Johnny Rotten) – 3:20

"Problems" (Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook e Johnny Rotten) – 4:11

Lado 2

"Seventeen" (Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook e Johnny Rotten) – 2:02

"Anarchy in the U.K." (Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook e Johnny Rotten) – 3:32

"Submission" (Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook e Johnny Rotten) – 4:12

"Pretty Vacant" (Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook e Johnny Rotten) – 3:18

"New York" (Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook e Johnny Rotten) – 3:07

"E.M.I." (Steve Jones, Glen Matlock, Paul Cook e Johnny Rotten) – 3:10

[editar] Membros

Johnny Rotten - voz

Steve Jones - guitarra, coros e baixo

Paul Cook - batería

Sid Vicious - baixo en "Bodies"

Glen Matlock - baixo en "Anarchy in the UK"


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -