Neon Genesis Evangelion
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Neon Genesis Evangelion (xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン Shin Seiki Evangerion) é unha serie de animación xaponesa (anime) feita para televisión, producida entre 1995 e 1997. Foi escrita e dirixida por Hideaki Anno, e producida polo estudio Gainax.
[editar] Visión xeral
Neon Genesis Evangelion (NGE) é unha serie que marcou á animación xaponesa (anime) nos anos 90. O enredo é considerado un dos máis complexos creados para unha animación.
A serie enfoca temas diferentes que van sendo abordados co desenrolar da trama, comezando cun clima máis leve que vaise tornando máis e máis denso conforme a trama avanza e os misterios e acontecementos da historia a transforman, nos seus episodios finais, nunha aventura psicolóxica sobre ás relación entre os seres humanos.
Producido polo estudio Gainax baixo a dirección de Hideaki Anno, a serie está composta por 26 episodios de televisión e dúas longametraxes: "Death & Rebirth" e "The End of Evangelion".
Existen tamén dúas series en manga, Neon Genesis Evangelion, escrita por Sadamoto Yoshiyuki, e The Iron Maiden 2nd, de Hayashi Fumino, ambas aínda sendo publicadas.
Tense confirmado que serán lanzados máis tres filmes a partir de 2007: Rebuild of Evangelion: 01 (90 minutos), no comezo do segundo semestre de 2007; Rebuild of Evangelion: 02 (90 minutos), no segundo trimestre de 2008; Rebuild of Evangelion: 03 e 04 (45 minutos), no comezo do segundo semestre de 2008.
En 2003, o distribuidor da serie nos Estados Unidos da América, ADV Films, anunciou a intención de crear um filme live action de Evangelion que xa foi parcialmente financiado, pero cuxo realizador e data de produción aínda non foron anunciados.