Natalie Clifford Barney
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Natalie Clifford Barney (1876 - 1972) foi unha escritora americana en lingua francesa.
Nada en Ohio no seo dunha familia de clase alta de Washington, pasou a súa infancia nunha granxa preto de Cincinnati, Barney chegou a París en 1900, levou un salón literario en París a partir de 1909, por onde pasou case a totalidade da intelectualidade francesa de comezos do século XX. Durante a Primeira Guerra Mundial foi unha das organizadoras dun Congreso de Mulleres Pacifistas. Entre 1940 e 1946 viviu en Florencia.
Abertamente lesbiana, interesouse polos poemas de Safo e tentou recrear unha escola de poetisas como a que Safo tiña en Mitilene. Entre as súas amantes estiveron a poetisa Renee Vivien, a bailarina Liane de Pougy e a pintora Romaine Brooks.
A vida de Barney serviu de inspiración para moitos escritores e aparece retratada en novelas como Idylle saphique de Liane de Pougny, Claudine s'en va de Colette ou L'Ange et les perver de Lucie Delarue Mardrus
[editar] Obras
- Quelques Portraits-Sonnets de Femmes, 1900
- Cinq Petits Dialogues Grecs, 1901 (ilustrado pola súa nai)
- Actes et entr'actes (Paris: Sansot, 1910)
- Je me souviens (Paris: Sansot, 1910)
- Èparpillements (Paris: Sansot, 1910)
- Poems & Poemes: Autres Alliances (Paris: Emile Paul, New York: Doran, 1920)
- Pensees d'une Amazone (Paris: Emile Paul, 1920)
- Aventures de l'Esprit (Paris: Emile Paul, 1929)
- Nouvelles Pensees de l'Amazone (Paris: Mercure de France, 1939)
- Souvenirs Indiscrets (Paris: Flammarion, 1960)
- Traits et Portraits (Paris: Mercure de France, 1963)