See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Morgado - Wikipedia

Morgado

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Chámase morgado á práctica de repartir a herdanza de xeito desigual, transmitindo a parte principal dos bens a un dos herdeiros, tradicionalmente o primoxénito varón. O morgado instáurase na Galiza na Baixa Idade media como parte do proceso da formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval. Estes bens tiñan carácter inalienábel e indivisíbel, debendo permanecer para sempre no seo da familia.

Institucións similares existiron noutros países europeos, dando lugar á posición social da aristocracia, de forma que o groso do patrimonio dunha familia non se diseminaba, senón que só podía aumentar. Estas institucións non eran exactamente o mesmo, asi o majorat, instituído por Napoleón e regulado no estatuto do 1 de marzo de 1808 como forma de transmisión dos títulos de nobreza e os seus bens asociados. Na comunidade polaco-lituana, o seu nome era ordynacja e foi introducido a finais do século XVI polo rei Stefan Batory.

[editar] O mayorazgo castelán

O mayorazgo é creado mediante as Leis de Toro en 1505, baixo o reinado dos Reis Católicos (embora a raiña xa morrera, deixara estabelecida a súa vontade no testamento). A súa función era controlar o fraccionamento dos bens dun nobre que producían as herdanzas e as vendas, como un medio de manter o seu poder económico. Algunhas familias da incipiente burguesía castelá acolléronse tamén a esta figura legal.

A creación dun mayorazgo comezaba usualmente coa vinculación dun solar ou casa solar. Ás veces, estes vínculos incluían un título nobiliario, que pasaba xunto ao resto de bens, mentres que a todos os excluídos do morgado se lles provía dalgún xeito a condición de fidalguía. A institución contemplaba a posibilidade de engadir novos bens ao vínculo, pero os bens xa vinculados non poderían ser alienados nin repartidos en herdanza.

A institución do mayorazgo foi a culminación dunha serie de privilexios outorgados aos nobres casteláns por Enrique IV de Castela, quen foron logo os principais favorecidos no outorgamento de cargos de goberno polos Reis Católicos. O estamento nobiliario castelán fíxose así máis poderoso e influente que o dos outros reinos que compuñan os seus dominios.

[editar] Decadencia

Este sistema de vinculacións económicas foi criticado no Informe no Expediente da Lei Agraria escrito por Gaspar Melchor de Jovellanos a pedido da Sociedade Económica de Amigos do País madrileña, cuxa consecuencia directa foi a desamortización de Manuel Godoy en 1798.

A institución do morgado estivo vixente até a Lei Desvinculadora de 1820 que suprimiu todos os vínculos. A pesar diso perdurou algún tempo nalgunhas zonas mediante unha artimaña legal, xa que a lei non contemplou as doazóns entre vivos. O posuidor do morgado dáballo ao seu fillo como achega ao seu matrimonio, o fillo pasaba a ser o novo señor e os seus pais a gozar do usufructo por vida da metade da casa solar.

A partir dese momento, con contadas excepcións, as subdivisións por herdanza da maioría das grandes casas españolas fixeron que perdesen paulatinamente o seu pasado esplendor e poder.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -