Monte Mayon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Monte Mayon, tamén coñecido como volcán de Albay, está situado ao sudeste da illa de Luzón (Filipinas). Ten unha altura de 2.462 m.
A primeira erupción rexistrada aconteceu en 1616, desde a cal xa se produciron máis de trinta erupcións causando perdas humanas e económicas. Cabe destacar a erupción de febreiro de 1993 pola enorme nube de cinzas que causou.