See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Modelo OSI - Wikipedia

Modelo OSI

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

OSI (Open Systems Interconnection), ou Interconexión de Sistemas Abertos, é un conxunto de estándares ISO relativo á comunicación de datos. Un sistema aberto é un sistema que non depende dunha arquitectura específica proprietaria.

Este standard tamén é coñecido por "Capas OSI".

Índice

[editar] Propósito

Para facilitar o proceso de estándarización e obter interconectividade entre máquinas de diferentes fabricantes, a Organización Internacional de Estándarización (ISO — International Organization for Standardization) aprovou, no inicio dos anos 80, un modelo de referencia para permitir a comunicación entre máquinas heteroxéneas, denominado OSI (Open Systems Interconnection). Ese modelo serve de base para calquer tipo de rede, sexa de curta, media ou longa distancia.

[editar] Descripción das capas

[editar] Capa física

Esta capa está directamente ligada ao equipo físico de cable ou outro canal de comunicación (ver modulación), e é a que comunica directamente co controlador do interface de rede. Ocúpase, polo tanto, en permitir unha comunicación bastante simple e fiable, na maioría dos casos con control de erros básico:

  • Move bits a través dun meio físico.
  • Define as características elétricas e mecánicas do meio, taxa de transferencia dos bits, voltaxe, etc...
  • Control de aceso ao meio.
  • Control lóxico de enlace.
  • Confirmación e retransmisión de tramas.
  • Control da cantidade e velocidade de transmisión das informacións pola rede.

[editar] Capa de ligazón de datos

Esta capa tamén se designa por Capa de enlace.

  • Establece un protocolo de comunicación entre sistemas conectados directamente. O enderezamento é físico, embutido na interface de rede.
  • Exemplo de protocolos de enlace WAN: PPP, X.25.
  • Exemplo de protocolos de enlace LAN: Ethernet, Token ring.
  • Funciona en ambientes TCP/IP

[editar] Capa de rede

A capa de Rede é responsable do enderezamento dos paquetes, convertendo enderezos lóxicos en enderezos físicos, de forma que os paquetes consigan chegar corretamente ao destino. Esa capa tamén determina a rota que os paquetes irán seguir para atinxir o destino, baseada en fatores como condicións de tráfego da rede e prioridades. Esa capa é usada cando a rede posúe máis dun segmento e, con iso, hai máis dun camiño para un paquete de dados para o trafegar da orixe ao destino. Enrutamento, encamiñamento, enderezamento, interconexión de redes, tratamento de erros, control de conxestionamento e secuenciamento (ordenación en secuencia) dos paquetes son funcións desta capa.

  • Move paquetes a partir da súa fonte orixinal ata seu destino a través dun ou máis enlaces.
  • Define como dispositivos de rede descobren uns aos outros e como os paquetes son roteados ata o seu destino final.

[editar] Capa de transporte

A capa de Transporte é responsable de pegar os dados enviados pola capa de Sesión e dividilos en paquetes que serán transmitidos pola rede, é dicir, repasados para a capa de Rede. No receptor, a capa de Transporte é responsable por pegar os paquetes recebidos da capa de Rede e remontar o dado orixinal para enviálo á capa de Sesión.

Iso inclúe control de fluxo (colocar os paquetes recebidos en orde, en caso de que teñan chego fora de orde) e correción de erros, tipicamente enviando para o transmisor unha confirmación de recibo (acknowledge), informando que o paquete foi recebido con éxito.

A capa de Transporte separa as capas de nivel de aplicación (capas 5 a 7) das capas inferiores (capas de 1 a 3). As capas de 1 a 3 están preocupadas coa maneira con que os dados serán transmitidos pola rede. Xa as capas de 5 a 7 están preocupados cos dados contidos nos paquetes de dados, para seren enviados ou recebidos para a aplicación responsable polos dados. A capa 4, Transporte, fai a ligazón entre eses dous grupos.

  • Determina a clase de servizo necesaria como: Orientada a conexión e con control de erro e servizo de confirmación, sen conexións e nen confiabilidade.

[editar] Capa de sesión

A capa de Sesión permite que dúas aplicacións en computadores diferentes estabelezan unha sesión de comunicación. Nesta sesión, esas aplicacións definen como será feita a transmisión de dados e coloca marcacións nos dados que están sendo transmitidos. Se por ventura a rede fallar, os computadores reinician a transmisión dos dados a partir da última marcación recebida polo computador receptor.

  • Disponibiliza servizos como pontos de control periódicos a partir dos cais a comunicación pode ser restablecida en caso de avería na rede.

O obxectivo final da capa de transporte é proporcionar servizo eficiente, confiable e de baixo custo aos seus usuarios, normalmente entidades da capa de sesión. O hardware e/ou software dentro da capa de transporte fai que o servizo sexa denominado entidade de transporte.

A entidade de transporte comunicase cos seus usuarios a través de primitivas de servizo trocadas nun ou máis TSAP, que son definidas de acordo co tipo de servizo prestado: orientado ou non á conexión. Estas primitivas son transportadas polas TPDU.

A figura abaixo exemplifica unha entidade de transporte asociada a un TSAP e a un NSAP. Na realidade, unha entidade de transporte podería estar simultaneamente asociada a varios TSAP e NSAP. No caso de multiplexación, asociada a varios TSAP e a un NSAP; e no caso de splitting, asociada a un TSAP e a varios NSAP.


Continuando, a ISO define o protocolo de transporte para operar en dous (2) modos: 2.1. ORIENTADO Á CONEXIÓN e 2.2. NON ORIENTADO Á CONEXIÓN. É obvio que o protocolo de transporte non orientado á conexón é menos confiable. El non garante - entre outras cousas máis, a entrega das TPDU, nen tampouco a ordenación das mesmas. Mentras, onde o servizo da capa de rede e das outras capas inferiores é bastante confiable - como en redes locais, o protocolo de transporte non orientado á conexón pode ser utilizado, sen o overhead inherente a unha operación orientada á conexón. Facendose un estudo sucinto, observase que o servizo de transporte baseado en conexións é semellante ao servizo de rede baseado en conexións. O enderezamento e control de fluxo tamén son semellantes en ambas as capas. Para completar, o servizo de transporte sen conexións tamén é moito semellante ao servizo de rede sen conexións.

A partir dos feitos previos, surxe a seguinte pregunta: "Por que termos dúas capas e non unha soa?". A resposta é sutil, mais procede: A capa de rede é parte da sub-rede de comunicacións e é executada pola provee o servizo (polo menos nas WAN). Cando a capa de rede non provee un servizo fiable, a capa de transporte asume as responsabilidades; mellorando a calidade do servizo.

[editar] Capa de presentación

Esta capa prové independencia das representacións de datos (por exemplo a criptografía) ao traducir os datos do formato da aplicación ao formato da rede e viceversa. A capa de presentación traballa transformando os datos nun formato que a capa de aplicación poda aceptar. Esta capa formatea e encripta os datos para seren transmitidos a través da rede, evitando problemas de compatibilidade. Ás veces é chamada de capa de Tradución

  • Define como enteiros, mensaxes de texto e outros datos que se codifican e tramiten pola rede.
  • Permite que computadores con arquitectura de hardware e SOs diferentes troquen información.

[editar] Capa de aplicación

A capa de aplicación fai a interface entre o protocolo de comunicación e o aplicación que pediu ou receberá a información a través da rede. Por exemplo, ao solicitar a recepción de e-mails a través do aplicación de e-mail, este entrará en contato coa capa de Aplicación do protocolo de rede efetuando tal solicitación. Todo nesta capa está orientado ás aplicacións. Telnet e FTP son exemplos de aplicacións de rede que existen enteiramente na capa de aplicación.

[editar] Tabela de Exemplos

Capa Exemplos suite TCP/IP S7 suite AppleTalk suite OSI suite IPX SNA UMTS
7 - Aplicación HL7, Modbus HTTP, SMTP, SNMP, FTP, Telnet, NFS, NTP ISUP, INAP, MAP, TUP, TCAP AFP, PAP FTAM, X.400, X.500, DAP   APPC  
6 - Presentación TDI, ACII, EBCDIC, MIDI, MPEG XDR, SL, TLS   AFP, PAP        
5 - Sesión Named Pipes, NetBIOS, SIP, SAP, SDP Establecimento da sesión TCP   ASP, ADSP, CIP   NWLink DLC?  
4 - Transporte NetBEUI TCP, UDP, RTP, SCTP   ATP, NBP, AEP, RTMP TP0, TP1, TP2, TP3, TP4 SPX, RIP    
3 - Rede NetBEUI, Q.931 IP, ICMP, IPsec, ARP, RIP, OSPF, BGP MTP-3, SCCP DDP X.25 (PLP), CLNP IPX   RRC (Radio Resource Control)
2 - Ligazón de Dados Ethernet, Token Ring, FDDI, PPP, HDLC, Q.921, Frame Relay, ATM, Fibre Channel   MTP-2 LocalTalk, TokenTalk, EtherTalk, Apple Remote Access, PPP X.25 (LAPB), Token Bus 802.3 framing, Ethernet II framing SDLC MAC (Media Access Control)
1 - Físico RS-232, V.35, V.34, Q.911, T1, E1, 10BASE-T,100BASE-TX , ISDN, SONET, DSL   MTP-1 Localtalk on shielded, Localtalk on unshielded (PhoneNet) X.25 (X.21bis, EIA/TIA-232, EIA/TIA-449, EIA-530, G.703)   Twinax PHY (Physical Layer)


Traballo en progreso: Este artigo relacionado coa informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Axuda se podes tamén noutros artigos de informática que precisan ser completados.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -