Misiones, Arxentina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Misiones é unha provincia situada no nordeste da Arxentina. Pola súa área, 29.801 km2, ocupa o posto vicésimoprimeiro entre as provincias do país, superando tan só a Tucumán. No 2008 a súa poboación alcanzaba 1.077.981 habitantes. A súa capital é Posadas.
Misiones debe o seu nome ás misións xesuítas estabelecidas no seu territorio (reduccións) e gobernadas por eles até o ano 1767, data na que foron expulsados dos territorios da coroa española.
[editar] Límites
Misiones limita polo norte e polo leste con Brasil, polo oeste con o Paraguai, e polo sur con a provincia de Corrientes.
[editar] Xeografía
Corrientes está caracterizado polo seu terreo quebrado, aínda que propiamente non é terreo montuoso. Porén os ríos excavaron vales numerosos. Os principais ríos son o Paraná, o Paraguai e o Iguazú, cada un deles provisto de inúmeros afluentes.
O clima é tropical de tipo húmido, con chuvias repartidas ao longo de todo o ano, o que propicia unha abundante vexetación boscosa.
[editar] Principais cidades
- Posadas (253.000 biztanle inguru 2001ean).
- Obera (55.000 biztanle).
- Eldorado (54.000 biztanle).
- San Vicente (38.000 biztanle).
- Puerto Iguazú (32.000 biztanle