Mikhailovsk - Михайловск
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mikhailovsk é unha cidade do krai de Stavropol, Rusia, localízase a 12 quilómetros ao noreste de Stavoprol, nas ribeiras do río Tashla. A súa poboación é de 59.100 habitantes (2005). Fundada en 1784, foi un posto militar cosaco, a partir de 1870 perdeu o seu significado militar despois da conquista rusa do sur do Cáucaso. En 1963 pasou a chamarse Shpakovskoie e en 1999 recuperou o seu status de cidade e tamén o seu nome orixinal. O 87% da poboación é de etnia rusa, a principal minoría é a armenia co 7.66% seguida dos cíngaros e ucraínos co 1.2% cada unha.