Mauke
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mauke é unha das Illas Cook, arquipélago libre asociado a Nova Zelandia
[editar] Xeografía
Mauke ten a metade de extensión en circunferencia que Rarotonga. A súa costa esténdese 18 quilómetros mentres que a de Rarotonga ascende a 32 km. A topografía de Mauke é distinta á da súa irmá maior, xa que consiste nunha placa volcánica central con alturas de ata 30 metros e atópase rodeado como as demais illas por unha barreira de arrecife fosilizado. Non hai ríos polo que a auga de choiva concéntrase en pozas similares ás que existen na illa de Mangaia. Entre a illa e o arrecife atópase unha lagoa estreita, pero desde alí pódese observar bater incesante das ondas chocando contra o arrecife.
A área centro sur de Mauke dá unha sensación de ser unha paisaxe rural europeo, se non fose polos cocos. A antiga pista de aterraxe do interior se reconvertiú nunha estrada. Non hai estradas pavimentadas, están cubertas por area coralina, tal e como estaban as de Rarotonga nos anos 50, antes da chegada de turistas estranxeiros. Da mesma forma que en Aitutaki, en Mauke non hai cans, aínda que si hai porcos salvaxes en número abundante.
[editar] Historia
Mauke ten importantes pegadas prehistóricas. Existen 11 lugares denominados 'marae'. Esta palabra ten un significado distinto en Nova Zelandia. En Mauke refírese a unha estrutura ceremónica similar ás atopadas ao leste de Polinesia. levan a cabo cerimonias nas que se recorda aos antepasados. En Nauke non aparecen as estruturas de roca destinadas ao mesmo fin que se poden observar no grupo meridional das Illas Cook, en Tahití e as Illas da Sociedade.