Marta Rivera de la Cruz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marta Rivera de la Cruz (Lugo, 1970) é unha escritora española en lingua castelá.
Índice |
[editar] Biografía
É licenciada en Ciencias da Información e especialista en Comunicación Política pola Universidade Complutense de Madrid. Comeza a súa carreira literaria no ano 1996 coa novela El refugio, que resultou gañadora do II Premio de Novela Corta Joven y Brillante 1996.
Dous anos máis tarde, en 1998, obtivo o Premio Ateneo de Sevilla de Novela Joven coa súa obra Que veinte años no es nada, na que relataba a pasión irrevocable que Luisa sinte por un famoso escritor, Cósimo Herrera, vinte anos maior ca ela. Da obra fixéronse cinco edicións.
No ano 2000 publica dúas novelas: Linus Daff, inventor de historias e Viajar a Chipre. Ademais da novela, cultiva tamén o xénero do ensaio e en 2001 aparece Fiestas que hicieron historia.
Hotel Almirante é a súa seguinte novela. Publícase no ano 2002 e xira en torno ó misterioso descubrimento do cadáver dunha belísima moza nun hotel de luxo. Un ano máis tarde, en 2003, a autora publica Tristezas de amor, unha nova incursión no xénero do ensaio, e no ano 2004 aparece Grandes de España. Ademais de todas estas publicacións, a autora escribiu numerosos relatos, coma El beso del andén.
A súa última novela ata o momento é En tiempo de prodigios, que resultou finalista do Premio Planeta de Novela do ano 2006. A novela narra a historia de Cecilia, unha muller á que a vida non lle sorrí neses momentos pero que descobre n nha historia que lle vai contando pouco a pouco o avó da súa mellor amiga, Silvio, o verdadeiro sentido da vida.
Ademais de escritora, Marta Rivera de la Cruz tamén desenvolveu a súa actividade como editora: foi responsable da antoloxía Cuentos de Navidad e da última edición da obra de Alejo Carpentier, La ciudad de las columnas.
É colaboradora habitual de diversos medios, coma El País Semanal ou o programa de radio Al sur de la semana da cadena COPE.
[editar] Obras
[editar] Novelas
- El Refugio (1996) Gañadora do II Premio Novela Corta Joven y Brillante 1996
- Que veinte años no es nada (Algaida Editores, 1998) Gañadora do II Premio Ateneo Joven de Sevilla de Novela 1998
- Linus Daff, inventor de historias (Plaza y Janés, 2000)
- Viajar a Chipre (Plaza y Janés, 2000)
- Hotel Almirante (Espasa-Calpe, 2002)
- En tiempo de prodigios (Planeta, 2006) Finalista del Premio Planeta 2006
[editar] Ensaios
- Fiestas que hicieron historia (Temas de Hoy, 2001)
- Tristezas de amor (Espasa-Calpe, 2003)
- Grandes de España (Aguilar, 2004)
[editar] Outras colaboracións
- El beso del andén (Imagine, 2001) Conto na antoloxía Sobre raíles