Mario Rigoni Stern
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mario Rigoni Stern (1 de novembro de 1921 en Asiago) é un escritor italiano.
En 1938 ingresou como voluntario na escola militar de alpinismo en Aosta, durante a Segunda Guerra Mundial combateu na división Tridentine en Grecia, Francia, Albania e Rusia, prisioneiro dos alemáns despois que Italia asinase o armisticio de Cassibile (8 de setembro de 1943) pasou dous anos nun campo de concentración.
A súa primeira obra, Il sergente nella neve publicouse en 1953 e a partir da súa propia experiencia como sarxento durante a desastrosa retirada do exército italiano de Rusia. Outras obras destacadas son Storia di Tönle (1978) e Ritorno sul Don (1973), a súa produción divídese entre as que se basean nas súas vivencias na guerra e aquelas obras centradas no altiplano véneto comoUomini, boschi e api (1980).