Mar de Irlanda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mar de Irlanda (en inglés Irish Sea, en galés Môr Iwerddon, en irlandés Mhuir Éireann, en latín Oceanus Hibernicus, en manxés Mooir Vannin), é un pequeno mar interior situado en Europa occidental, que separa as dúas principais illas británicas: Irlanda e Gran Bretaña. Conecta co Océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canal do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar.