Manuel Roxas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
non ten imaxe no Commons | |
presidente de (país): | Filipinas |
---|---|
Período de goberno: | 4 de xullo de 1946 - 15 de abril de 1948 |
Predecesor: | Sergio Osmeña |
Sucesor: | Elpidio Quirino |
Nado en: | 1 de xaneiro de 1892 |
Lugar de nacemento: | Capiz (actualmente Roxas City), Filipinas |
Faleceu en: | 15 de abril de 1948 |
Lugar: | Base Aerea de Clark, Pampanga, Filipinas |
Profesión: | avogado |
Partido politico | Partido Liberal ng Pilipinas |
Manuel Acuña Roxas, avogado (1892-1948), foi o primeiro presidente da República de Filipinas, despois que o país tornouse independente dos Estados Unidos. Gobernou entre 4 de xullo de 1946 ata a súa morte por ataque cardíaco, o 15 de abril de 1948.
[editar] Biografía
Roxas naceu na cidade de Capiz, actualmente Roxas City, o 1 de xaneiro de 1892. Era decendente de mexicanos, sino-filipinos e bascos. Estudou Dereito na Universidade de Manila, graduandose na primeira turma, o 1913. Inmediatamente ingresou na política, tornandose fiscal provincial. O 1921 foi elixido para a Casa dos Representantes.
Despois do establecimento da Mancomunidade das Filipinas (en inglés, Commonwealth of the Philippines), Roxas tornouse membro da Asemblea unicameral, e serviu no gabinete do presidente Manuel L. Quezon. Despois que as emendas à constitución de 1935 foron aprobadas, ele foi elixido para o Senado, pero a invasión xaponesa durante a Segunda Guerra Mundial impediuo de asumir.
O 1942 Roxas foi capturado polas forzas de invasión xaponesa. Cando as tropas americanas reocuparon as Filipinas, ele foi preso como colaborador dos xaponeses, pero o xeneral Douglas MacArthur o reabilitou. Nas eleccións de 1946 Roxas candidatouse e elixiuse, e a 4 de xullo do mesmo ano tornouse o presidente do país xa independente. Morreu dun ataque do corazón na Base Aérea Clark, dos Estados Unidos, cando facía un discurso.
Presidente de Filipinas | ||
---|---|---|
Segue a: Sergio Osmeña |
Manuel Roxas | Precede a: Elpidio Quirino |
Partido Liberal ng Pilipinas |