The Legend of Zelda: Majora's Mask
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Legend of Zelda: Majora's Mask (A lenda de Zelda: A mascara de Majora) é un videoxogo para Nintendo 64. Tratase do segundo xogo de Zelda en 3D, despois de The Legend of Zelda: The Ocarine of Time O xogo vendeu en total mais de tres millóns de copias en todo o mundo.
[editar] Argumento
Nesta entrega da saga Legend of Zelda Link chega a cabalo de Epona (a súa egua) a un mundo chamado Termina. Polo camiño unha especie de trasno rouballe a ocarina e o cabalo, e para maís converteo nun deku. Ese trasno chamado Skull Kid (Neno Calavera) leva posta unha máscara chamada a máscara de majora; esta máscara roubada a un comerciante, é unha máscara maldita que o poñela desencadeou unha terrible maldición na terra de Términa.
A lúa caerá sobre este mundo en tres días. Link deberá recuperar a forma normal(xa que está convertido en deku) e ir conseguindo uns espíritus máxicos que se atopan nos catro puntos cardinais. Pero en tres días iso é imposible, polo que terá que retroceder no tempo tocando unha canción unha vez recuperada a ocarina.