See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Música gótica - Wikipedia

Música gótica

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

[editar] Características

Tipo de música cunha iconografía e características bastante concretas:

  • Ideoloxía do Romanticismo literario (época de lord Byron e Mary Shelley) e temática do desamor;
  • Utilización e transformación (reinterpretación, apropiación, terxiversación ou recuperación) de mitoloxía e lendas tradicionais;
  • Uso de temas medieviais e bíblicos;
  • Ambientes escuros e noitébregos;
  • Relación destemida con morte, medo, ira, odio, escuridade, seres sobrenaturais, etc.;
  • Elegancia e clasicismo no vestir (case sempre de negro) combinada coa palidez cetrina na pel da face;
  • Vocalista feminina;

A pesares disto, as orientacións dentro do gótico son varias: existen grupos que tenden ó punk ou ó black-metal ou o dark-metal, mentres que outros van cara ó doom ou cara á música electrónica. Algunhas veces compáraselle con bandas sonoras de películas épicas ou procedentes do cómic (do estilo O Señor dos Aneis ou Underworld), o cal non está de todo errado pois comparten certos elementos visuais, musicais ou mesmo están presentes nas bandas sonoras.

Canto ó estilo musical, é singular pola súa mestura da música orquestrada (certos instrumentos e mesmo formacións enteiras) coa música electrónica e as guitarras eléctricas máis propias de estilos máis duros coma o Heavy. A sobriedade e a amplitude da escala vocal tamén adoitan aparecer nos temas, e sitúanse nunha liña herdeira directa do Heavy alemán dos anos 80 (Warlock e Doro Pesch, Europe, etc.), do rock sinfónico e da música electrónica dos 90.

A inmensa maioría dos grupos máis coñecidos nos circuítos musicais son europeos (coa excepción dos estadounidenses Evanescence), e unha boa parte da tradición procede dos tres países escandinavos, de Alemaña e de Holanda (a excepción é Lacuna Coil, de Italia). As tendencias máis fortes proceden de grupos xurdidos en Polonia.

[editar] Grupos

Co éxito dalgúns grupos, coñeceu un rexurdimento nestes comezos da primeira década do milenio. Os principais grupos representativos son:

  • Evanescence (de EEUU, os de corte máis comercial)
  • Within Temptation (holandeses, tamén de corte algo comercial)
  • Epica (tamén holandeses, un dos grupos con máis divulgación, cunha moi noviña cantante, Simone Simons, de 20 anos, e que acaban de sacar no 2006 Consign to Oblivion, inspirado no mundo maia)
  • Tristania (outro grupo histórico)
  • Theatre of Tragedy (dos grupos máis vellos e recoñecidos: a súa cantante Liv Kristine marchou do grupo e formou Leave's eyes)
  • After forever
  • Edenbridge
  • Penumbra
  • Lacrimosa (grupo alemán de corte máis electrónico)
  • The Sins of Thy Beloved (outro grupo de longa experiencia)
  • Lacuna Coil (italianos, os máis seguidos polos rockeiros tradicionais)
  • The gathering (holandeses, cun estilo moi tranquilo cando a que canta é a vocalista, Anneke van Giesbergen)
  • Midnattsol (que sacaron o disco Where twilight dwells, de 2005)
  • Octavia Sperati (novo grupo noruego composto case integramente por mulleres)
  • Beseech
  • Therion (formada só por homes, que sacou un disco dobre en 2005: Lemuria xunto con Sirius B)
  • L'âme immortelle (alemáns, a pesares do seu nome francés: "a alma inmortal")
  • Vesania
  • Sirenia
  • Svenia
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -