See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lusaca - Wikipedia

Lusaca

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Hora-punta na Cairo Road
Hora-punta na Cairo Road
Lusaca está situada no centro de Zambia

Lusaca, en inglés Lusaka, é a capital do país sudaficano de Zambia, cunha poboación que superaba os 2.000.000 habitantes en 2005. Está situada ao sur do país, nun planalto de 1.300 metros de altitude.

Lusaca foi fundada en 1905 por colonos europeos da cando a construción da vía férrea. En 1935 substituíu a cidade de Livingstone en tanto que capital do que entón se denominaba Rhodesia do Norte, colonia da Gran Bretaña. En 1964, ano da independencia de Zambia, pasou a ser a capital do novo estado.

Índice

[editar] Historia

Lusaca foi fundada en 1905 por colonos europeos, sobre o emprazamento dunha aldea de indíxenas. Mercé a vantaxe da súa ubicación central, converteuse, en 1935, na capital de Rodhesia do Norte, en lugar de Livingstone. Logo da federación das dúas Rodesias, a do Norte e a do Sur, en 1953, foi núcleo dun movemento de desobediencia civil que levaría á creación do estado independente de Zambia. En 1964, pasou automaticamente a ser a capital do estado xa indepedente de Zambia. Recentemente, Lusaca estáse a converter nun centro popular para a maioría do zambianos e dos turistas. A súa situación central xunto con a estensión rápida das súas infraestruturas, ten permitido o desenrolo sob a forma de cración de emprego, a multiplicación das vivendas, etc. En consecuencia, cóidase que con reformas económicas axeitadas e eficaces, Lusaca, así como Zambia, poderíanse desenvolver considerabelmente. Lusaca posúe unha forte concentración de poboación estranxeira, que traballan tanto nas industrias da cidade ou ben nas diversas legacións diplomáticas.

Imaxe:Lusaca01.jpg
Monumento conmemorativo da independenza en Lusaca

[editar] Estrutura urbanística

A principal arteria viaria da cidade è a Cairo Road (Estrada do Cairo), en torno a cal se aliñan os mercados de New City Market e Kamwala Market, centros comerciais, e o Zintu Community Museum. A área administrativa áchase sita na parte leste da cidade, perto da zona de Cathedral Hill e Ridgeway. Arredor da urbe despréganse numerosos suburbios, como Elizabetha Villa, Fairview, Kabulonga, Kabwata (no que se sitúa o Kabwata Cultural Centre), Madras, Manda Hill (sede de importantes estruturas comerciais), Northmead (con sona pola súa vida nocturna), Olympia Park, Rhodes Park, Roma, Thorn Park e Woodlands.

[editar] Lugares de interese

Entre os lugares de interese cultural e turístico de Lusaca pódense sinalar os numerosos museos (os principais son o Lusaca National Museum, o Political Museum e o Zintu Community Museum), aa Estatua da Liberdade, a sede do parlamento de Zambia (Zambian National Assembly), a fabrica de cerámicas Moore, a catedral da Santa Cruz (Holy Cross Cathedral) e os Xardíns botánicos do Munda Wanga Environmental Park.

A cidade é relativamente rica en estruturas recreativas, que inclúen, entre outras, un teatro (Lusaca Playhouse), un cinema, un club de golf, un centro deportivo (Lusaca Central Sports Club) e un zoo.

[editar] Comunicacións

Lusaca é o centro de comunicacións do país. Hai estradas en dirección a todas as capitais provinciais de Zambia. Ten comunicacións ferroviarias con Livingstone, Ndola, Kasama e Nakonde. O Aeroporto Internacional de Lusaca, con enlaces internacionais, dista 26 quilómetros do centro da cidade.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -