Luís Cília
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luís Cília, é um compositor e intérprete nacido no Huambo, (Angola), no 1943. Luís Cília foi um cantor de música de intervención política, que denunciou dende o exilio a guerra colonial e a falta de liberdade en Portugal.
Retornado a Portugal en 1959, para continuar os seus estudos, en 1962 coñece o poeta Daniel Filipe que o incentivou a musicar poesía. Datan dese ano as suas primeiras experiencias nese campo ("Meu país", " O menino negro não entrou na roda", etc.), mais tarde incluídos no seu primeiro disco, gravado no Estado francés, para a editora Chant du Monde. En Abril de 1964 partiu para París, onde viviu até 1974. En Francia estudou guitarra clásica con António Membrado e composición con Michel Puig. Os seus primeiros traballos sairán só no Estado francés, debido a problemas coa censura portuguesa.O primeiro traballo en aparecer tamén en Portugal será Contra a ideia da violência a violência da ideia, de 1973. Entre 1964 e 1974 realizou recitais en case todos os países da Europa, entre eles o I Festival da Canción Ibérica de 1970, onde compartiu escenario con Paco Ibáñez, Xabier Ribalta, Miro Casabella e José Afonso, entre outros.
Luis Cilia volve a Portugal o 30 de abril de 1974, só seis días despois da Revolución de Abril, dende entón continuou gravando discos, como compositor e intérprete, realizando tamén multitude de recitais. Como intérprete, gravou dezaoito discos, alguns deles adicados a poetas, como Eugénio de Andrade ("O peso da sombra") Jorge de Sena ("Sinais de Sena"), ou David Mourão Ferreira ("Penumbra"). Nos últimos anos vense adicando soamente á composición, nomeadamente para Teatro, Bailado e Cinema.
[editar] Discografía
- 1964: Portugal-Angola: Chants de Lutte
- 1965: Portugal Resiste
- 1967: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours 1
- 1967: O Salto
- 1969: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours 2
- 1971: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours 3
- 1973: Contra a ideia da violência a violência da ideia
- 1973: Meu País (reedición ampliada de Portugal,Angola - Chants de Lutte).
- 1974: O guerrilheiro
- 1974: O povo unido jamais será vencido
- 1975: Resposta
- 1976: Memória
- 1978: Transparências
- 1980: O peso da sombra - A poesia de Eugénio de Andrade
- 1981: Marginal
- 1982: Cancioneiro (reedición d'O guerrilheiro)
- 1983: Contradições
- 1985: Sinais de Sena - A poesia de Jorge de Sena
- 1987: Penumbra - A poesia de David Mourão Ferreira
- 1988: A Regra do Fogo - Música para bailados
- 1995: Bailados - Música para bailados
- 1996: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours (recompilatorio lanzado no Estado francés dos LP's de 1967, 1969 e 1971).