Limiñón, Abegondo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Situación
San Salvador de Limiñón é unha parroquia que se localiza no norleste do concello de Abegondo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 193 habitantes (104 homes e 89 mulleres) distribuídos na única entidade de poboación da parroquia, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.
[editar] Historia
Limiñón (Heletes=fronteira do esquecemento) remonta as súas orixes, a tenor dos seus trazos pretoponímicos, ás migracións micénicas por Europa dos séculos II e III. A presenza da Vía Per Loca marítima constitúe un factor fundamental á hora de entender a importancia estratéxica etnocultural de Limiñón dentro da bisbarra. A importante presenza xudía que existiu en tempos demóstrase co topónimo "A Xudeira".
Lugares da parroquia de Limiñón no concello de Abegondo (A Coruña) | |
---|---|
Barral | O Cal | A Carballeira | A Carra | A Carreira | O Casarón | Chamoín | O Curro | A Fraga | A Granxa | O Igrexario | O Mero | O Pazo | Rombo | O Seixo | O Souto | As Vielas | A Xesteira | A Xudeira |