Liga Armada Galega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Liga Armada Galega foi unha organización terrorista formada por militantes dos GRAPO que atentou o 24 de agosto de 1978 contra dous policías en Vigo que resultaron feridos. O día 26 de agosto o grupo atracou unha sucursal do Banco del Noroeste e o 28 dese mes asasinou un garda civil en Santiago de Compostela. O grupo quedou desartellado tras a detención dun dos seus membros o 12 de setembro.
Siniestro Total mencionan esta organización nun dos seus temas máis emblemáticos, Miña Terra Galega.