Leocares
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Leocares siglo IV a.C.
É probable que o escultor grego de finais do período clásico Leocares fose natural de Atenas. Claborou con Escopas e Bryaxis no Mausoleo, e con Lisipo no grupo de bronce que representa a Alexandre cazando leóns, en Delfos. Tamén fixo retratos en bronce do orador Isócrates e da familia de Filipo II de Macedonia en marfil e ouro. O seu grupo de bronce Ganimedes elevado aos ceos pola águila de Zeus é, con toda probabilidade, o que aparece representado nunha copia no Museo Vaticano, Roma e o seu Apolo de Belvedere(Museo Vaticano, Roma) que fascinou os artistas europesos dende o Renacemento. O estilo de Leocares combina a grandiosidade ática con proporcións alargadas, os menbros que se moven no espacio e as posturas inquietas que experimentou Lisipo.