See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Leicester fronteiriza - Wikipedia

Leicester fronteiriza

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Exemplar de leicester fronteiriza, nunha feira gandeira de Dunblane.
Exemplar de leicester fronteiriza, nunha feira gandeira de Dunblane.

A leicester fronteiriza é unha raza de ovella, nacida como variante da leicester, e indicada para a produción de la.

Índice

[editar] Características

A leicester fronteiriza é unha ovella de tamaño medio, cunha estatura de 81 cms nos ombros e que rolda o metro de testa a cola. Os carneiros pesan entre 125 e 150 kgs., e as femias adultas entre os 80 e os 100 kgs.

A cabeza é curta e dereita, con dúas moi longas orellas ergueitas e cubertas de pelo, que lle dan un aspecto moi característico. Os ollos son negros, e as vendas do fociño son grandes e tamén negras. A testa carece de la. As patas, firmes e dereitas, tampouco teñen la, aínda que si pelo branco, e as unllas son escuras.

Considérase dócil para a cría e o manexo.

[editar] Historia

A historia desta raza é ben coñecida. Cando os irmáns Culley levaron a Northumberland varias cabezas de ovellas de raza leicester, comezaron un rápido proceso de mellora xenética, ao principio cruzándoas con leicester importadas, e a partir dos anos trinta do século XIX con cruzamentos endogámicos. A partir de 1850 comeza a configurarse un tipo de ovella claramente distinto do leicester.

A leicester fronteiriza existe amplamente en todas as nacións das Illas Británicas e tamén se ten exportado con éxito a Australia (onde o seu cruzamento coa ovella meiriña é xa a raza de maior número de cabezas, cun milleiro de criadores rexistrados de leicester fronteiriza pura), Nova Celandia ou Sudáfrica. Tamén existen rabaños certificados nos Estados Unidos.

[editar] Rendibilidade

O principal destino da produción de leicester fronteirizas é a extracción de la. Dánselle dúas rapas ao ano, cando o pelo chega aos dez centímetros, e é particularmente aprezado pola súa la crecha, mesta e brillante. Os años producen case dous quilos de la, pero os exemplares adultos poden superar os 3 kgs. en cada rapa. Con rapas anuais, a la pode chegar aos 9 kgs. no caso dos carneiros e a 6,4 kgs. no caso das femias.

[editar] Curiosidades

  • No filme Babe (1995), a ovella Maa sinala: "non son unha ovella corrente. Son unha leicester fronteiriza".

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -