Laysan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Laysan (en hawaiano Kauō, historicamente Moller) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 1.500 km ao noroeste de Honolulú.
[editar] Xeografía
Laysan é unha illa baixa de area cun lago interior que está a 2,4 metros sobre o nivel do mar. A superficie total é de 4,11 km². O lago ten un grao de salinidade de entre 12 e 14%, o triplo que a auga do mar.
Laysan ten dúas especies endémicas en perigo de extinción: o pato anas laysanesis e o pardal telespyza cantans.
[editar] Historia
Laysan foi descuberta o 12 de marzo de 1828 polo capitán Stanikowitch do barco ruso Moller. En 1857 foi anexionada ao Reino das Hawaii e en 1890 foi cedida a unha compañía norteamericana para a explotación do guano. En doce anos de actividade mineira destruíuse o ecosistema da illa. A importante colonia de aves mariñas, especialmente de albatros, estivo en perigo de extinción. Por outra banda os traballadores do guano introduciron coellos que se reproduciron rapidamente ata devorar practicamente toda a vexetación. Ademais, os comerciantes xaponeses viñan a recoller plumas de aves. En 1909 o presidente Theodore Roosevelt declarou a maioría de illas de sotavento como reserva natural para a protección das aves. En 1923 extermináronse aos coellos e fíxose un esforzo para recuperar a vexetación nativa.