Larinxe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A larinxe é un tubo cartilaxinoso que permanece sempre aberto. Forma parte do eixo visceral do pescozo, localizada na liña media, por diante da farinxe, de tal maneira que a parede posterior da larinxe está pegada á parte anterior do esófago. Esta estrutura péchase durante a deglución para evitar broncoaspiracións. Máis concretamente é un cartílago larínxeo denominado glote o encargado desta acción.
Esténdese dende a segunda ou terceira vértebra cervical ata a sexta, punto no que comeza a tráquea. Manténse nesta posición debido a que está unida ó hioides, á lingua, á base do cráneo, á farinxe a que se continúa coa tráquea.
Índice |
[editar] Relacións da larinxe
Relacións anteriores:
- músculo cutáneo do pescozo, envolto na fascia superficial do pescozo
- veas iugulares anteriores, unidas entre sí por una anastomose
- músculos infrahioideos: esternohioideo, esternotirohioideo, tirohioideo, omohioideo
- lóbulo piramidal da glándula tiroide. Este lóbulo é inconstante
Relacións laterais:
- paquete vasculo-nervioso do pescozo: arteria carótida común, vea iugular interna e nervio vago
- arteria tiroidea superior
- nervio larínxeo superior
- nervio larínxeo inferior
- lóbulos da glándula tiroide
Relación posterior:
- esófago
[editar] Cartílagos larínxeos
- Hainos únicos e dobres. Son tiroides, cricoides, epiglote, aritenoides e corniculados. Hai outros, que a diferenza destos, son inconstantes. Son os tritíceos, sesamoideos e cuneiformes.
[editar] Articulacións larínxeas
Hai dúas articulacións larínxeas móbiles: a articulación cricotiroidea (plana, só permite pequenos desprazamentos) e a articulación cricoaritenoidea (tipo trocoide, permite desprazamento e rotación; é a articulación da tensión das cordas vocais). A primeira delas establécese entre o cartílago cricoides (na confluencia da lámina co anel cricoideo) e as astas menores do cartílago tiroides. A segunda, cricoaritenoidea, establécese sobre a superficie superior do anel cricoideo e a base dos cartílagos aritenoideos.
Existe unha terceira articulación larínxea, pero non é móbil. Trátase da articulación ariteno-corniculada, entre os cartílagos aritenoideos e os corniculados.
[editar] Membranas e ligamentos
- Membrana tirohioidea: une o tiroides ó óso hioides. Os bordes laterais son os ligamentos tiro-hioideos laterais. A membrana está perforada polo ramo interno do nervio larínxeo superior e polos vasos larínxeos superiores.
- Membrana cricotiroidea: une tiroides e cricoides
- Membrana cricotraqueal: une o cricoides ó primeiro anel traqueal
- Ligamento glosoepiglótico
- Ligamento hioepiglótico
- Ligamentos aritenoepiglóticos
- Ligamento tiroepiglótico
- Ligamentos tiroaritenoideos superior e inferior
- Membrana fibroelástica
[editar] Músculos da larinxe
- Músculo cricotiroideo ou tensor das cordas vocais
- Músculo cricoaritenoideo posterior ou dilatador da glote
- Músculo tiroaritenoideo interno ou vocal
- Músculo tiroaritenoideo externo
- Músculo ari-aritenoideo ou interaritenoideo
- Músculo cricoaritenoideo lateral