See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lanzarote do Lago - Wikipedia

Lanzarote do Lago

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Sir Lancelot e a raíña Xenebra
Sir Lancelot e a raíña Xenebra

Lanzarote do Lago (Sir Lanzarote, Lancelot of the Lake ou Lancelot du Lac) é un dos cabaleiros da Mesa Redonda, pertencente ao conxunto de lendas artúricas.

Índice

[editar] Antecedentes

Na maioría dos romances e escritos en prosa francesa, Lancelot é caracterizado como o máis grande e confiábel de todos os cabaleiros do Rei Artur, desempeñando sempre unha parte importante en moitas das vitorias do rei, aínda que tamén a eventual caída de Artur se debe en parte ao propio Lancelot, cuxo involucramento coa esposa do seu señor, a raíña Xenebra, destrúe a unidade da corte real.

Lancelot é un personaxe popular, e aparece en poemas, contos, obras teatrais e películas como unha figura relevante do círculo das lendas artúricas. Para a gran maioría dos seguidores desta literatura, non hai outro cabaleiro máis coñecido, de entre todos os da mesa redonda, que Lancelot. No recordo colectivo, sempre se lembra como o membro máis valente desa irmandade de cabaleiros e como o amante de Xenebra, aínda que Lancelot non é un dos membros orixinais da mesa redonda e o desenvolvemento da súa historia é aínda obxecto de intenso debate entre os estudiosos.

As fontes principais que describen a historia de Lanzarote son:

  • O cabaleiro da carreta de Chrétien de Troyes
  • Lanzarote en prosa, incluído no ciclo da Vulgata.
  • A morte de Artur de Sir Thomas Malory.

[editar] Lanzarote en prosa

A Dona do Lago raptándolle a Lanzarote á súa mai
A Dona do Lago raptándolle a Lanzarote á súa mai

É a parte máis extensa do Ciclo da Vulgata (c. 1230), que comeza co nacemento de Lanzarote e finaliza coa súa morte tras a caída do reino. Nela queda definitivamente perfilado o personaxe e a súa historia, e pódese considerar como a referencia máis completa da súa historia.

[editar] A familia de Lancelot

O pai de Lancelot é o rei Ban de Benwick e o nome da súa mai é Elaine. Ten un medio irmán ilexítimo, de nome Hector de Maris; o rei Borg é tío seu e Sir Bors e Sir Lionel son os seus primos. Tivo un fillo coa filla do rei Pelles, Helena, que tamén atinxiría fama e gloria: Sir Galahad.

[editar] A Dona do Lago

O rei Ban, seu pai, estaba en guerra co reino do rei Claudas, o seu veciño, que invadindo o reino de Ban, obrigou a fuxir o rei e a raíña. Na fuxida, o rei Ban sofre un desmaio ao ver ardendo o seu palacio e por socorrelo, a raíña Elaine deixou o seu fillo, chamado até entón Galahad, só no campo. Nese momento, apareceu a chamada Dona do Lago e raptou o neno. Desde ese momento, tomará o nome de Lancelot do Lago (ou Lanzarote do Lago). O neno foi criado no palacio da Dona, onde mostrou destrezas na aprendizaxe normal dun neno de alta alcurnia da época e no uso das armas en particular.

Mais outra versión comenta que Lanzarote foi froito do Gran Matrimonio, unión entre a Dona do Lago, Sacerdotisa de Ávalon e o rei Ban. A raíña Elaine e este foron os que criaron a Galahad (nome que obtivo en Ávalon) xunto cos seus dous irmáns de leite Balan e Balin.

[editar] Chegada a Camelot

A unha idade entre os quince e os dezaoito anos, segundo o costume dos seus tempos, o novo Lancelot sae a percorrer o mundo co debido equipamento para alguén do seu rango e sen coñecer a súa auténtica estirpe real. Viaxa, segundo algúns escritos, acompañado dunha escolta, en pos do reino de Artur, onde por influencias da Dona do Lago, agarda ser nomeado cabaleiro.

[editar] Artur e Xenebra

Unha vez na corte de Artur, este encoméndalle a misión de traer a Camelot a súa noiva, Xenebra, para a voda real. No traxecto a Camelot, porén, Lancelot e Xenebra namóranse e desde ese momento, a vida de Lancelot converterase nun constante conflito coa súa conciencia, dilucidando entre o seu amor pola raíña e as súas obrigacións co seu rei.

[editar] Fazañas

Entre as súas numerosas fazañas, conquistaralle ás forzas do mal un castelo chamado da Garda Dolorosa (Dolorus Garde). Tras convertelo no seu fogar, cambiaralle o seu nome polo de Garda Gozosa (Joyeux Garde). Após o seu regreso a Camelot, axudaralle a Artur a terminar revoltas na súa contra e a asentar a súa posición como leal cabaleiro da corte do rei.

[editar] Elaine

Nunha dos seus maiores aventuras, Lancelot escoita o rumor de que unha doncela vive secuestrada nun castelo, e que só o mellor cabaleiro do mundo podería rescatala. Lancelot acomete a tarefa e logra sacar do castelo unha beleza incomparábel, que resultou ser a filla do rei Pelles, Elaine. Ela enamórase perdidamente de Lancelot, que para a súa desilusión xa fixera votos de castidade en honra da súa raíña e por lealdade ao seu rei. Así, Elaine consegue mediante un feitizo levar a Lancelot ao seu cuarto e pasar a noite con el. Ao día seguinte, libre xa do conxuro, Lancelot dáse conta do que sucedera e deixa o castelo abandonando a Elaine en medio da vergonza e dunha debilidade crecente no seu corpo, pois segundo o seu entender, a súa forza derivábase do mantemento dos seus votos e promesas á raíña.

Pouco despois de regresar a Camelot, chega a nova de que Elaine dará a luz un neno, ao que chamou Galahad, o primeiro nome de Lancelot. Ao saber isto a raíña, chamou a Lancelot perxuro e traidor, renegando da súa pasada amizade e amor.

[editar] Desterro e desenlace

Cando Artur acaba sabendo da relación que houbo entre Lancelot e a súa esposa, condena a esta á fogueira e desterra para sempre a Lancelot. Este, porén, regresa a Camelot e rescata a Xenebra do seu destino, matando no afán algúns dos seus antigos camaradas da mesa redonda, polo que o rei marcha na súa contra. Na súa ausencia, o seu trono é usurpado polo seu fillo ilexítmo, Mordred, quen acabará matando o seu propio pai, o Rei Artur. Xenebra, ao saber da morte do seu esposo entra nun convento, polo que Lancelot decide converterse en ermitán, situación na que pasa até o final das súas días, só seis semanas despois de saber da morte de Xenebra no convento.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -