See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Laias, Cenlle - Wikipedia

Laias, Cenlle

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Santa Baia de Laias
Concello: Cenlle
Poboación: 251 hab.
Superficie: n/d
Densidade: n/d
Altitude: n/d
Entidade(s): 8


Laias é unha parroquia do concello de Cenlle situada á beira do río Miño, na aba do monte San Trocado e lindando coas parroquias de Razamonde, Eiras, A Barca de Barbantes, e, co río no medio, coas de Puga e Astariz, Castrelo, Astariz, a uns 16 quilómetros de Ourense.

O curato é de término e o patronato laical.

Índice

[editar] Historia

Nesta parroquia sitúase unha explotación minera aurífera de tempos dos romanos, ou incluso mais antigo, seriamente danado pola construción da autoestrada. Vinculado ao castro de San Cibrán de Lás (Lansbricae) trátase dunha explotación das coñecidas como arrugia ou ruina montium. Atopáronse unha serie de tanques escalonados de maior a menor e flanqueados por escaleiras e longos canles. A mais pódense observar un gran números de buratos circulares tallados na rocha granítica que foron os depósitos utilizados para obter o ouro polo sistema de decantación.

É identificado co lugar de Lais referido por Hidacio no seu Cronicón co que o remata relatando un suceso misterioso, relacionado co apocalíptico pesimismo hidaciano:

"No río Miño a cinco millas de Lais, pescáronse catro peixes nunca vistos dunha nova especie, segundo o relato dos pescadores respectables cristiáns, marcados con letras hebreas e gregas co número latino 365 formando un círculo. Uns meses despois alí preto caeu do ceu grans verdes como a herba con forma de lentella e amarguísimos e outras cousas asombrosas longas de contar".

[editar] As augas termais

Existen unhas augas termais coñecidas posiblemente xa en época romana. As augas continuáronse usando até a Idade Media, se ben se descoñece en que tipo de instalacións. Parece que o rei de León Bermudo II usounas con frecuencia para curarse da gota. En maio de 1718, o arcebispo de Ourense visitou o lugar e escribiu sobre os efectos beneficiosos dos mananciais da zona. En 1865 un home morreu nunha pía do baño común, o que indica que había varias pías para baños e que as utilizaban tamén forasteiros.

A mediados do século XX construíuse un balneario, que foi asulagado coa construción do encoro de Castrelo de Miño.

Na actualidade construiuse un moderno balneario coñecido como Vila Termal de Laias.

As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.
As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.
Lugares da parroquia de Laias no concello de Cenlle

O Campo | Carballeda de Abaixo | Carballeda de Arriba |Deirón | Laias | O Regueiro | O Val | Viñal do Rei.

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

[editar] Véxase tamén

Monte de San Trocado

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -