See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lábaro cántabro - Wikipedia

Lábaro cántabro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O lábaro, símbolo dos antigos cántabros
O lábaro, símbolo dos antigos cántabros

Desde hai bastantes anos popularizouse en Cantabria e Euskadi os simbolos denominados lábaro cántabro ou lauburu coa finalidade de representar ambos os dous pobos. Incluso alguns autores fan mención deles coma orixe do lábaro de Constantino, utilizado polas lexions romanas.

Sabemos polos escritos de Tertuliano e Minucio Félix que existia entre as lexions romanas un estandarte chamado cántrabrun, que consistia nun pendón de tela vermella que estaba suxeito nun traveseiro fixado perpendicularmente á asta de suxección do estandarte. Coma as lexions tiñan outro pendón parecido chamado vexillum, é de supoñer que o que os diferenciaba era o motivo do bordado.

Este tipo de estandartes estaba bastante difundido entre os pobos célticos e aparece representado no Arco de Orange e en acuñacions celtibéricas. Suponse que o seu uso tomouse das tropas auxiliares cántabras que serviron nas lexions romanas, como tamén tomaron as tacticas militares da cabaleria coñecidas coma circulus cántabricus e cántabricus impetus

Etimolóxicamente, labaro procede de lab (falar) é esta amplamente representado nas lenguas celtas. Llafar é falar, falador, idioma, voz, mentras que no antigo cornico e bretón, lavar e palabra, e en irlandés antigo, labar é charlatan e labrad significa fala.

No fragor da batalla, os estandartes eran utilizados para enviar ordes e sinais, xa que era imposible escoitar a voz de mando, de aí o seu nome que significa "o que fala".

Varios autores déronse conta dunha influencia indirecta dos cántabros a traves do seu estandarte militar "cantabrum". Polo que non resulta moi descabellado pensar que os antigos cántabros poseiran un estandarte chamado lábarum de tela vermella e con un bordado de forma cruciforme. É moi amplo o estudo realizado por Montes Neira, onde coida atopar o lábaro cántabro en varias estelas discoideas xigantes de Cantabria, especialmente a de Zurita, ainda que estas estelas xigantes son tipicamente cántabras, tamén hai algunha representación en Bizkaia e Asturias (Coaña). Esta formada por catro crecientes lunares rematadas en circulo e con un punto central, o que lle da forma de cruz. A representación deste simbolo non é exclusivo de Cantabria, xa que hai achádegos en toda a Península Ibérica e mais en Europa, especialmente na zona de Aquitania, onde varian os motivos ornamentais, pero a sua representación astral é exclusiva de Cantabria. Pero non se pode afirmar con total seguridade que a representación da estela sexa a mesma que ía bordada na tela do lábaro cántabro e moito menos que sexa o cantabrum romano, xa que o uso de estandartes durante as batallas era unha practica moi extendida entre os pobos celtas e xermanicos. A cor vermella da tela ten a sua razón, xa que os pobos indoeuropeos relacionaban esta cor coas suas deidades guerreiras e cazadoras.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -