Kumasi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kumasi é a cidade capital da rexión Ashanti en Gana. Localizada no centro sur do país a 250 km de Acra e a 32 km do lago Bosumtwi. Os seus 862.000 habitantes convírtena na segunda cidade ganesa, a maioría da poboación está formada por ashantis que son na súa maioría cristiáns, católicos, protestantes ou anglicanos.
En 1695 foi elixida capital da Confederación Ashanti grazas ó labor do seu gobernante Osei Tutu e os gobernantes de Kumasi, Kumasehene, convertéronse en monarcas da Confederación, o Asantehene que aínda hoxe ten a cidade como capital. O exército británico destruíu parte da cidade, incluído o Pazo Real, durante a Cuarta Guerra Anglo-Ashanti, 1874.
Kofi Anan, actual secretario xeral da ONU é natural desta cidade